Nestes momentos no que media Galiza é pasto do lume provocado certos elementos. Non deixo de pensar nas miles de criaturas calcinadas neses montes. Todo un ecosistema destruído, fogar de milleiros de seres vivos, réptiles, aves, insectos, mamíferos, … Todo perdido. Solo imaxinar os sufrimento destes seres mortos pola asfixia ou calcinados soportando a inmensa dor das queimaduras …

Quen provoca isto non é soamente un fillo de puta, senón tamén un terrorista ecolóxico que debería prudirse nunha cela para o resto dos seus días, sobre todo co engadido de ter a maiores varias persoas mortas na súa conciencia. Bueno, estes jichos, non gastan conciencia. Xente que tivo a mala sorte de pasar por alí ou un heroe que caeu defendendo as súas terras.

Desgraciadamente é bastante probable que quen paguen sexan os parvos de turno, autores materiais, pero non as cabezas pensantes, autores intelectuais. Nestes casos sempre se tende a dar o caso de que hai uns “celebros” que inducen a realización destes actos por razóns máis ou menos claras. Eu persoalmente teño a miña hipótese, nada é casual, todo está perfectamente programado con vistas a obter uns obxectivos.

O amor e respecto pola natureza define o avanzada ou non que está unha sociedade.


Technorati : , ,