Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
9 Feb
Onte pola tarde cambiei o CMS que soportaba esta web de Textpattern a Wordpress. A razón principal e case única deste cambio foi que tras a migración de servidor tiven algún que outro problema na configuración do Textpattern, en ningún caso achacable o Textpattern senón con case toda seguridade debida as prisas e a miña falla de pericia.
Textpattern é unha ferramenta fenomenal, ideal para montar un blog pero que serve para moito máis; fotoblogs, websites corportivos. É un CMS moi completo. Wordpress non o coñezo en profundidade pero chamoume moito a atención o fácil que resulta a súa instalación e configuración. Neste punto gaña a Textpattern con claridade.
Nun principio, cando montei este blog, decidin usar Textpattern por duas razóns:
1. En tódalas comparativas saía como o mellor CMS para montar un blog.
2. En certos circulos Wordpress era tachado de inseguro e de engordar as bases de datos máis ca un fulano que coma tódolos días nun MacMerda.
O caso é que Wordpress converteuse no sistema de estandar para a publicación de blogs e iso conleva unha gran masa de usuarios testeando continuamente no CMS e a aparición de unha innumera cantidade de plugins e plantillas para usar. A parte está a licenza GNU.
Por certo, sorprendeume o fácil que foi a migración. Wordpress dispón dun botón para importar a base de Textpattern co que só temos de introducir os datos de conexión para que esta se realice de maneira cuase automática.
O único efecto negativo foi que algúns artígos aparecerón con algún erro de presentación: unha minoría.
Technorati Tags: blog, Migración, Textpattern, wordpress
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegarcia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
Algo que comentar?