RescueTime é unha aplicación bastante popular dispoñible para MAC, GNU/Linux e Windows que nos permite levar un control do tempo que pasamos en fronte do ordenador e saber en que o malgastamos, utilizamos ou regalamos.
Instalei por primeira vez este progama estando no @pl para xogar un pouco con el e ver os resultados: bastante nefastos.
Despois esquencinme del ata fai unhas semanas que lle volvín a prestar atención e empecei a úsalo para monitorear as miñas actividades frente ao ordenador. Así vin con algo máis de claridade por onde malgastaba o tempo visitando webs ou que programas usaba máis tempo.
O programa permite que dende o dashboard especifiquemos a productividade das nosas accións frente ao ordenador poñendo por exemplo un +2 ao tempo que estamos usando o cliente de correo electrónico ou un -2 ao tempo que estibemos chateando co Adium. Según cada perfil de usuario un programa ou web pode ser máis ou menos productiva. Para un deseñador pasar unha hora lendo un blog de deseño pode ser superproductivo e para un administrativo pode ser completamente improductivo.
A presentación no dashboard anque está inglés é fácil de entender e está bastante ben organizada polo que cun simple vistazo optemos bastante información. No meu caso serviume para modificar certos hábitos de navegación e uso de programas evitando perdas de tempo improductivas e innecesarias.
Por certo, é gratis!!















Unha cousa… ¿as horas que pasa o eMule conectado a todo meter… tamén contan?. Porque senón creo que paso de comproba-la “productividade”.
Saudetes…
Non, sólo monitoriza a ventá na que estamos traballando, anque teñamos chorrecientos programas abertos. Se cambiamos de ventá, pois empeza a monitorizar a nova.
Está bastante ben e gratis!
Unha aperta