Hai veces que un por moito que o intente non fai más que meter a zoca cada vez que abre a boca. Un, froito da inocencia ou dunha sinceridade mal entendida abocase a destrucción e humillación más absoluta cun sorriso nos beizos e cunha expresión de idiota na mirada.

E mira que xa mo dicía un amigo con experiencia e encima medio diaño: Estás a metela zoca.

O que aprendín estes días é que indo coa verdade por diante un so vai levar paos a mansalva. Un non pode ser sincero nunha sociedade que se rixe pola mentira e as aparencias.

O que máis fode e encima ter que aturar leccións e clases maxistrais de quen despois non as aplica, ou que as aplica reformulándoas de forma que se lles poida sacar beneficio.

Este fin de semana cagueina durante tres días. Menos mal que o fin de semana non ten más días porque senón…

Supoño que teño que ser más cabroncete, menos espontáneo. Necesito unha guía. Vou ler "O arte da guerra". Creo que é un bo libro de cabeceira para desenvolverse na sociedade actual. Prometo non voltar a ser tan pánfilo. Acabouse dicir a verdade.

E mira que xa me avisou o demo, que de estas cousas sabe moito e de outras inda sabe máis.