San Froilán 2006
Non vou comentar nada sobre actuacións, grupos, orquestras,… por a simple razón de que non asistín a ningún concerto pese a que tiña gañas a uns cantos, pero, onde manda padrón non manda mariñeiro.
Tódolos anos a primeira cousa que se me ven a cabeza cando penso en ir ao San Froilán é onde coño vou aparcar o puto coche. Este ano non tiven ese problema simplemente rendinme a evidencia e deixei o coche nun aparcadoiro de pago. 5 días a unha media de 6 euros día: 30 euros en aparcadoiro. Polo menos, libreime de merodear un oco durante unha hora polas rúas lucenses.
Apreciei, serán cousas miñas, un descenso no número de xente con respecto a outros anos, polo menos na rúa dos viños. Nesta ocasión, por exemplo, non era misión imposible entrar nos bares. Nalgúns aínda ofrecían un picho cando noutras ocasións era misión imposible.
Notei un aumento destacable de manteiros, anque tamén é certo visto o que ofrece un visto o que ofrecen todos. Pouca variedade e moita música e cine de usar e tirar. Despois os postos de artesanía, textil, bolsos, camisetas, … mais ou menos coma sempre. Aproveitei para facer uns pequenas compras.
Coma tódolos anos houbo que probar un viño de aragón; este ano, por certo, máis baratos. A sorpresa desagradable foi non local que se sitúa tódolos anos o lado dos novos xulgados; un de comidas. Por dous bocatas de lomo, unha cervexa sen alcohol e unha auga 14 eurazos. O máis fodido é que saín con fame ata que atopamos unha das novidades deste ano no San Froilan: o posto de kebats. Foi probalos un día e repetir: marabillosos. E iso que eu non son gran afeccionade a carne.
Respecto as atraccións varias: certa decepción. Os simuladores bastante aburridos, a v todo unha veterana, o ratón vacilón non e que sexa moi emocionante; está ben para ter a foto de recordo. O que máis me gusta: un clásico, o saltamontes. Parece unha mariconada pero é moi entretido.
Este ano deronseme ben as tómbolas e chiringos de tiro. Unha moto que lle saquei a meus cuñados dun so tiro, eles levaban gastado máis de 50 euros mentres eu subía no saltamontes e cando fun a cabo deles deixaronme tirar os últimos 3 balíns: so precisei un
Nun de tirar unhas latas metálicas con tres pelotas saquei unha escultura, nun de apuntar cunha escopeta a cinco brancos saquei un, … un, … unha especie de gardacousas de madeira do que xa se apropiou meu sogro. Nas tómbolas, unhas cantas mariconadillas máis, un xogo de vasos e xarra, unha tostadora e outras dúas caralladas que agora mesmo non me lembro.
Tamén mercamos un par de debuxos a un destes artistas do esprai, moi fermosos, mentres meu cuñado negociaba co artista para que lle fixera un mural na súa casa. O final non houbo acordo económico.
Non estivo mal de todo este San Froilán…
P.D: Si, si, eu tamén fun comer o polbo un día.
Tags: San Froilán, festa, kebats, viño, polbo, tómbolas
Agora estás a ler “San Froilán 2006”, unha entrada en Seve
- Publicada:
- 12.10.06 / 4pm
- Categoría:
- Novas
- Tags:
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

