Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
4 Abr
Cando estiben no CEI facendo un curso, unha das semanas adicouse a que un paisano nos dera unhas charlas sobre creación de empresas e tal e tal. Non podo negar que o tipo lle puxo interés e nos mostrou tódalas bondades do autoemprego. Eu con varios anos nese pozo sen fondo que é ser autónomo non compartía o seu optimismo.
Primeiro de nada gustariame mostrar a diferenza entre un autónomo e un empresario: Un empresario traballa pouco e gaña moito; un autónomo traballa moito e gaña pouco ou moito según a taboa de medir que utilice cada un. O autónomo fai o traballo por el mesmo, as veces axudado por empregados; o empresario contrata a xente máis intelixente e mellor preparada ca el para que fagan o traballo. Estes conceptos nos países anglosaxóns están moi claros pero nos países latinos con menos educación financieira non é asi.
Como comentaba, o bon do paisano que nos deu as charlas pintaba un mundo de cor de rosa para os autoempregados que non se corresponde coa realidade: En Estados Unidos o 95% dos pequeños negocios pecha antes dos 5 años; en España a cifra pode andar polo 80% maís ou menos. Se tódolos que asistimos as charlas de creación de empresas montaramos un negocio, según esta estadística, despois de cinco anos só tres ou catro terían aínda o negocio funcionando. O resto ou ben pecharían e voltarían a primeira casilla do xogo ou estarían de débedas hasta as orelllas.
Tan certo como que maña sairá o sol é que os países latinos non queren emprendedores. Crear unha empresa ou pequeno negocio para autoempregarse é unha carreira de obstáculos que en moitos casos fan abandoar ó emprendedor antes de escomenzar. Despois está Dinamarca, que en menos dunha hora podemos crear unha empresa. As comparacións sempre resultan odiosas sobre todo se se fan con países medianamente serios.
Se o mundo do autoemprego é tan complicado, ¿por qué tanta xente o intenta? Para respostar a isto debemos lembrar que mentres os beneficios das grandes empresas aumentaron sen cesar durante os últimos dez años o poder adquisitivo dos empregados por conta allea reducese cada ano que pasa.
A saída más fácil para moita xente é montar un negocioo para o que non se precise unha especial cualificación nin unha formación reglada (bares, tendas de roupa, …) pero tamen son os que acarrean o maior número de fracasos, xa que son negocios moi dependetes de factores alleos (situación, estado xeral da economía, exceso de competencia, …).
A saida ó autoemprego con máis posibilidades de éxito é a saida especializada e altamente formada nun ámbito concreto. Un fontaneiro ou electricista sempre vai ter traballo independentemente do estado da economía e non ten preocupacións como a situación do local nin outras sangrías comúns nos negocios non especializados. Lástima que en España a formación profesional estea tan pouco valorada e a formación autodidacta non sexa apreciada por ninguén.
Non creo que neste país haxa un fontaneiro no paro pero, sen embargo, sei que a principal saída laboral dos licenciados en dereito é a hostalería.
Un autónomo en España e coma unha vaca nunha granxa: ordeñano a diario. O autónomo é sableado periódicamente por todas e cada una das administracións deste país. A cambio o autónomo é o único animal que non pode enfermar e como o seu negocio vaia a ruina despois de arriscar o seu patrimonio persoal nin tan sequera ten dereito paro.
Finalmente, para o que xa hai que estar rematadamente tolo é para lanzarse ó autoemprego no sector das novas técnoloxías da información: Eu fixeno; e dende o ano 2000 sigo a agardar por unha conexión ADSL. O final non quedou outra que trasladar o negocio a outra localidade co correspondente aumento de custos. Supoño que algún día se lle pedirán contas os que privatizarón Telefónica, deixando un servicio vital para o desenrrolo dun país en más dunha panda de golfos.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Algo que comentar?