Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
13 Sep
Eu son gilipollas de campionato, de record guinnes, de medalla de ouro nas olimpíadas. O sábado pasado cando fixen o exame de psicotécnicos da oposición de subalterno da Xuntiña. Parei de escribir cando o ordeou o tribunal: 37 preguntas contestadas. Sabía que perdera tódalas posibilidades. Tiña unha pregunta a que so me faltaba sumar unha opción e parei… Agora vexo esto e danme ganas de partir a parede a cabezazos, máis que nada porque se é certo; non vai pasar nada (aquí nunca pasa nada), se non o é xa me queimou de tódalas maneiras. Despois dunhas cantas opos as costas creo que pode ser certo. Mais que nada porque na anterior convocatoria ocorreu, visto cos meus ollos, e cousas bastante piores que non veñen agora a conto.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegarcia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
Algo que comentar?