Sobre a chorrada de poñerlle letra ó himno español
E
stes días estase a falar moito sobre a proposta de Rajoy de poñerlle letra ó himno español. Supoño que se refería a temas coma estes cando dixo que o Partido Popular «centrábase» nas preocupacións dos cidadáns.
Unha das grandes cousas que ten o himno español é precisamente o feito de non ter letra, fai que cando menos sexa un himno bastante mellor que a maioría dos que pululan por aí. Non se pode esquecer que a case totalidade de himnos nas súas letras recurren a pautas comúns:
1. Un archienemigo: pode ser un estado viciño, a antiga potencia colonial, os comunistas, os liberais, … En fin, alguén a quen botarlle a culpa de todos os males do país.
2. Ensalzamento da violencia: En case tódolos himnos falase de guerras, morte, violencia e demáis chorradas.
3. Apoloxía do patriotismo: Un patriotismo irracional e fanático que ten como culminación dar a vida pola patria. Un gran invento da burguesía para que o proletariado libre as súas guerras crendo que son as deles.
Poucos himnos falan de valores sociais, de fraternidade, de igualdade de dereitos pola sinxela razón de que case na súa totalidade están compostos por burgueses e estómagos agradecidos.
Postos a poñerlle letra ó himno español case sería mellor adoptar como propio o himno francés que é un himno moi fermoso e acojona cantidade antes de empezar os partidos da selección gala.
Technorati Tags: himno español







