Sobre min
Benvido a miña bitacora persoal.
Severiano Bouza García (Bretoña, 1976)
Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet.

Son un apaixonado do software libre que se adica precisamente a adminstración de sistemas operativos libre (Debian) entre outras cousas. Traballo nunha empresa que ten como modelo de negocio o software libre onde podo desenvolver a miña afección e continuar a aprender cousas relacionadas co mundo da informática. Gran parte do día pásoo mentendome nos máis variopintos fregrados, aprendendo sobre sistemas operativos libres e cousas que nin sabía que existían.
Tamén teño o meu propio proxecto de servizos informáticos baseado exclusivamente en Software Libre: Britonia Informática
A nivel persoal os meu intereses van dende a defensa dos dereitos dos animais e o seu trato ético, a historia clásica, o decrecemento, ata aspectos máis lúdicos como a práctica do ciclismo tanto de montaña como de estrada. Procuro non ver televisión salvo que haxa unha boa razón; baloncesto principalmente. Son afeccionado a ler, sobre todo, ensaio histórico e biografías. Son bastante mitómano. Considérome un bo coñecedor da historia da segunda guerra mundial e da Grecia clásica.
Dende fai tempo colaboro con distintas organizacións e asociacións sen animo de lucro principalmente centradas na defensa dos dereitos dos animais e na protección dos modos de vida e entornos dos povos indíxenas. Tamen na organización da Festa Celta do Lugnasad de Bretoña sempre que o tempo mo permite.
O meu filme favorito é “El club de la lucha” «3 idiots»; o meu libro favorito é “Memorias de Adriano”; o meu grupo favorito é “Queen” «The Clash».
| Cousas que me gustan: | Persoas/personaxes as/aos que admiro ou admirei: |
|
|
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre)







