Sodomía

Era pequeno, un neno inocente. Tivo mala sorte: unha veciño que era un fillo de puta.

O veciño un par de anos máis vello ca el. Unha mala besta que gozaba enleando os cans, zoupando no ganado e pegándolle ós nenos máis pequenos.

Sempre que a inocencia busca a verdade da humanidade atopase coa pestilencia da realidade.

Un día estando os solos xogando na aira da casa da mala besta. Este, que xa lle fixera un par de perrerias como comer un ovo choco, obrigouno a que baixara os pantalóns e escomenzou a tocarlle os xenitais. O ceo púxose negro e púrpura, mentres o probe cativo non sabía que facer comido pola ira, a impotencia e a vergoña. Simplemente deixouse tocar e calou.

Nunca llo contou a ninguén, morría coa vergoña. O seu corazón puro, inocente fora definitivamente levado polo barqueiro da vinganza o val das tebras. Nunca máis foi libre.

Non voltou endexamais pola casa do malnacido que o sodomizara, nunca máis falou con el nin con ninguén. O seu branco corazón tornouse negro e azúfrico. Limitouse a agardar.

Moitos anos despois o malnacido que lle roubara a súa inocencia casouse e tivo fillos, eran copias do seu pai. Brutais, fétidos e de alma pestilente. Soupo que o seu momento chegara, a súa prisión no val de tebras rematara. E rematou. Rematou un día de inverno no que degolou os fillos do ladrón da súa alma.

Non sentiu ira na súa acción pero tampouco arrepentimento. O sangue correndo polas súas más liberouno. O sol saíu.

Deixe un comentario