100% nada no baldeiro sideral
24 May
Esperando por ti
vin o sol brilar
como nunca antes
Soterrado nas catacumbas
da miña memoria
atopei outras ocasións
nas que o sol tamén me cegou
Hoxe agardo por ti
pero o sol chamoume
quéreme xunto a el
lonxano, extraterraqueo,
fulminante e inmediato
o seu poder é tal
que só agardo
a reunirme con el
e esquecer o meu pasado
A miña putrefacta humanidade
é todo o que me retén
impedíndome alcanzalo
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Algo que comentar?