100% nada no baldeiro sideral
5 Ago
Esta semana na 2 de TVE emitiron despois do programa de Jordi Hurtado “Saber y Ganar” unha serie de documentais sobre a carreira espacial entre rusos e americanos dende o final da Segunda Guerra Mundial ata a chegada do home a lúa. Un documental no se entremezclavan actores interpretando os papeis dos principais protagonistas da carreira espacial con imaxes reais. Realmente moi ameno e didáctico.
Mostrouse non solo a competencia entre o sistema capitalista e o comunista senón sobre todo a competencia entre dous homes Wernher von Braun e Serguéi Koroliov pola conquista espacial.
Tamén é interesante ver como en grande parte ambas superpotencias beneficiáronse da tecnoloxía e sobre todo, dos cerebros alemáns. USA apropiouse como botín de guerra de máis de dous millóns de patentes xermanas que foron fundamentais no posterior desenrolo tecnolóxico dese pais. É curioso ver o gran parecido, por exemplo, entre os superbombardeiros B-2 e deseños alemáns de fai sesenta anos.
É xusto recoñecer que durante a primeira metade do século XX Alemaña dispoñía dun un tesouro en forma de enxeñeiros, científicos, investigadores e que acumulaban grande parte dos premios Nobel destas ramas naqueles tempos. Todo iso era un prezado botín polo que pugnaron duramente soviéticos e americanos durante os últimos meses da guerra. Von Braun era un obxectivo primordial para ambos bandos, os soviéticos solo puideron quedar coas migallas (certo material e algúns científicos que traballaban con Von Braun en Peenemünde). O premio gordo levárono os americanos: Von Braun conseguiu poñer un americano na lúa.
Todo escomenzará case trinta anos antes coas V-2 que destruían Londres e Amberes.
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Algo que comentar?