Posteando dende bretoña sobre as cousas que non pasan
6 Jun
Nun país coma o noso podese agardar un calquera cousa, negativa xeralmente. O tema dos tranxénicos, creo que a estas alturas, hasta o menos documentado (eu, por exemplo) sabe que son un perigo para biodiversidade e moi probablemente para a saúde dos seres vivos.
España e por ende Galiza son sitios peculiares que teñen como grandes éxitos, a parte dos deportivos, estar de forma omnipresente nos últimos postos en toda canta lista se elabore en canto a medicións de desenrolo, educación, progreso, calidade de conexións a internet, índices de lectura, salarios, … eso si, hai festas para aburrir. Pan e circo!
Mira por onde, hai algunhas listas nas que si aparecemos nos primeiros postos; fracaso escolar, fabricación de minas antipersonas (si, vin o video ese que estás pensado) e, tamén, na plantación de cultivos transxénicos en Europa. Estamos na Champions League dos transxénicos. Mentres en toda Europa os países decretan moratorias ou directamente prohiben a plantación de transxénicos aquí soltamonos o tupé.
Presuntamente temos un governo progresista en Madrid concienciado cos problemas sociais e ecolóxicos do Estado. Por iso, firmamos o Protocolo de Kioto anque despois no lo pasemos polo forro tan ricamente. Galiza xa é a repanocha, temos un governo bipartito de progresistas con progresistas. Somos progresistas ao cadrado, aquí coa preocupación polo medio ambiente que ten o goberno autómico xamais se autorizarían matanzas sistemáticas de animais salvaxes por prazer, nin se fai a vista gorda coa normativa de sacrificio de animais e persiguense duramente os atentados contra o ecosistema [ironic mode off].
Por todo iso, un non deixa de “flipar en cores” (ou tal vez si), coa recente autorización da Xunta progresista ecoloxista para que se planten transxénicos a empresa Monsanto. Non fai falta ter visto algún documental no programa de Pedro Erquicia para a un non lle pase un calafrío polas costas ao oir o nombre de Monsanto. Un largo historial, que baixo o meu punto de vista, poñería colorado a Jack O Destripador. Supoño que Suarez Canal poñería o grito no ceo ao enteirarse [nota de humor].
Os tranxénicos son organismos creados artificialmente nun laboratorio usando inxenería xenética para manipular os seus xenes de forma que ese futuro organismo teña unhas características previamente determinadas. Acojonante non, e iso fanno no mesmo país que prohibe a investigación celulas nai para fins médicos. Non parece un contrasentido?
Teóricamente a cousa e producir variedades de semillas e por ende vexetais máis resistentes a pragas, ou que medren máis rápido, ou que sexan máis resistentes a sequía, ou que xexan máis productivos. Conojundo non? A realidade non é tan fermosa.
O fin último da producción de tranxénicos é bastante maís repugnante. O tema é que tres ou catro grandes multinacionais controlen o mercado mundial de semillas de tal forma que o agricultor lles teña que mercar por collóns a semillas a esas empresas. Monopolio puro e duro. Non vou a entrar xa no tema das patentes das semillas dado que é un tema farragoso. Pero se calquera con sentido común sabe o perigo das patentes de software, non hai que imaxinar moito para darse de conta o que supón que se patenten semillas.
Supostamente usando transxénicos seriamos capaces de producir unha maior cantidade de vexetais nun espacio ou terreo maís reducido. Creando variedades que soportaran condicións extremas poderíase plantar cultivos en zonas semideserticas ou terreos pouco fértiles co cal se podería erradicar a fame do mundo. Non? A teoría é moi bonita pero a cruda realidade é que probablemente nunca houbo unha porcentaxe tan grande de xente no mundo que apenas ten nada que comer pese as inmensas plantacións de transxénicos que hai por todo o planeta. Tampouco a revolución do petróleo nos últimos sesenta anos permitindo a producción agrícola a gran escala serviou de nada para paliar os poblemas alimentarios no terceiro mundo. Resumindo: come o que paga.
O problema non son os sistemas productivos, o problema é o capitalismo que prioriza o beneficio ecónomico por enriba da vida das persoas. Está ben facer negocios e é honorable prosperar económicamente pero priorizar o beneficio monetario frente a o dereito a vida das persoas é pérfido e criminal. É díficil saber se actualmente a producción de alimentos é suficiente para abastecer a toda a poboación mundial pero é seguro que se os paises ricos quixeran tal vez ninguén morrería de fame. Pero claro, e mellor gastar en tanques e armas que gastar en persoas.
O principal problema dos tranxénicos en relación co medio ambiente pode que sexa que supoñen un ataque frontal contra a biodiversidade. A biodiversidade é a maior riqueza do planeta e debería ser protexida a toda costa ben sexa vexetal ou animal.
Cando se plantan cultivos tranxénicos é imposible aillalos do seu entorno, salvo que os plantes dentro dunha burbulla. Como resultado terminan por contaminar o seu entorno. Unha vez contaminados os bancos de sementes o proceso é irreversible. Imaxina unha plantación de millo transxénico e nun terreo próximo outra plantación de millo non manupulado xenéticamente. O millo transxénico vai por terminar de contaminar ao que non o é. Isto é un preocupación constante para os agricultores ecolóxicos e xa houbo movementos en Cataluña e Aragón por parte de agricultores, sindicatos agrarios e movementos ecoloxistas para protexer os cultivos ecolóxicos. Polo de agora en España hai catro CCAA declaradas libres de transxénicos: Asturias, Euskadi, Canarias e as illas Baleares.
Agora imaxina que cultivos transxénicos tratados para ser resistentes contaminen a malas herbas. Sería un desastre non? Ben, iso xa aconteceu. O resultado foi unha mala herba que resiste aos pesticidas.
Na sociedade actual a saúde das persoas está supeditada ao diñeiro. Xa aconteceu coa crise das vacas tolas alimentandoas con piensos que contiñan restos de vacas sacrificadas. O aquí coñecido como síndrome das vacas tolas xa era coñecido por antropologos dende mediados de século en tribus canibais de Papúa Nova Guinea. Alimentar animais con restos de outros animais da mesma especie é unha aberración aparte de perigoso.
É difícil saber os resultados que poden darse en humanos se se alimentan con productos transxénicos. A razón é que ninguén se molestou en facer os estudios pertinentes antes de introducir os productos tranxénicos na cadea alimentaria.
Estase a falar sobre a reducción dos efectos de antibióticos pero iso non é nada novo xa que levamos comendo antibióticos sen sabelo dende fai décadas. Será o tempo o que dictamine as consecuencias que ten sobre as persoas o consumo de transxénicos pero co degradados que están os productos alimentarios actualmente será díficil determinar que dano é causado por un pesticida e cal e causado polo consumo de transxénicos.
Depende. Os americanos fan o que diga Monsanto & CIA. Os europeus poñen moratorias, o presidente Sarkozy prohibiu o millo MON 810 (de Monsanto) polo seu perigo para a saúde. Ese mesmo tipo de millo que campa as súas anchas por Galiza e España. Algúns governos están preocupados polos efectos que poden os transxénicos na saúde dos seus cidadáns e no medio; outros están ocupados organizando festas gastrónomicas ou xantares masivos para a terceira idade.
A lexislación obriga a indentificar os alimentos transxénicos para que o consumidor sepa o que ten nas mans. O problema está en que, por exemplo, se un porco é alimentado con productos transxénicos os chourizos dese porco non estarán etiquetados como transxénicos pese a estarén incorporados os transxénicos a cadea trófica que deu como resultado eses chourizos. Agora pensemos cantas cousas podemos estar consumindo producidos con transxénicos sin sabermos nada e, por tanto, caracendo da libertade de elección para mercar outros nos que os transxénicos non estean presentes.
Referencias:
http://www.greenpeace.org/espana/campaigns/transgenicos
http://www.mujeresholisticas.com/art3.html
http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2008/02/29/00031204284519483959794.htm
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.
Para contactar usa o seguinte email: seve [arroba] sevegacia [punto] net (prometo contestar en canto teña un minuto libre).
Para falar conmigo usando GoogleTalk: ![]()
Para atoparme no Skype: seve_britonia
Algo que comentar?