
Subindo un directorio con ncftpput. Notese a vertixinosa velocidade subida que teño gracias ao ADSL de Timofonica
Mediante ncftpput podemos subir comodamente arquivos ao noso servidor vía ftp. A sintase é simple. Sempre temos o man para refrescar a memoria ou para consultar opcións. Un exemplo de como subir un directorio é o segunte que estou usando agora para subir un plugin ao WordPress:
1 | ncftpput -R -u usuario ftp.host-remoto.com /public_html/directorio/wp-content/plugins /home/seve/Descargas/plugin-folder |
-R é para o modo recursivo. Neste caso subimos un directorio.
-u é para indicar o usuario. Despois poñemos o nome de usuario.
Despois ven a dirección do host remoto, a dirección do directorio remoto ao que vamos a subir o contido e finalmente a ruta ao directorio que pretendemos subir no noso pc.














Coido que o da “vertixinosa subida” ten moita ironía, máis ben retranca galega… En fin, paciencia, que é a nai da ciencia. Sigo a lerte. unha aperta…
A verdade o de telefónica de para darles de ostias pero eche o que hai
Unha aperta.