Super rumor eleccións locais
Teño unha información bomba sobre a campaña para as eleccións locais aquí na miña terra. É tan incribel que polo de agora non vou dicir nada ata que o poida confirmar ou teña probas fotográficas. Só dicir que de confirmase fará as delicias dos fans dos Monty Python e dos amigos do humor máis surrealista.
Permañezan atentos as súas pantallas que desta saimos na TV

Actualización 25 de maio de 2007: O gran rumor que me neguei a crer xa é publico e motivo de comentarios por todo o país. Efectivamente tratase das famosas sudadeiras coa imaxe do Che Guevara que puxo en circulación o PP de A Pastoriza.
De momento A VOZ e Chuza son os primeiros medios en facerse eco da nova.
Sítios que falan desta nova:
Sitios onde atopar información sobre o Che Guevara
Technorati Tags: A Pastoriza, Che Guevara, eleccións, eleccións locais
Agora estás a ler “Super rumor eleccións locais”, unha entrada en Seve
- Publicada:
- 14.05.07 / 12pm
- Categoría:
- Novas
- Tags:
Nacín en Bretoña (Lugo) en 11110111000. Gústame todo o relacionado coas novas tecnoloxías e internet, e tamén os idiomas cos que se crea a rede: xhtml, css, php, ruby, python. Teño interese por cousas como a teleformación, o teletraballo e as aplicacións do software nos procesos de aprendizaxe e formación.

