Steve Wozniak e como IE cambiou o destino de Apple

Un dos libros que ando a ler cando teño algún minuto libre é a biografía de Steve Wozniak «Iwoz». Realmente divertida e amena. No último capítulo do libro, «Rules to live By», a parte de dar uns consellos en plan autoaxuda moi interesantes hai unha historia que por ser descoñecida para min me resultou extraordinariamente cautivadora. Supoño que os maqueiros de vello a coñecerán. A historia é de como o navegador IExplorer cambiou para sempre o destino de Apple e non precisamente polas súas boas prestacións. Calquer usuario de Windows que usara como navegador este enxendro sabe que non é precisamente unha goleta ou un bergantín surcando a rede, máis ben aseméllase a unha chalupa a deriva. Non fai falta lembar os vellos tempos dos dialers e...

Ler máis

O ícono que se perdeu xogando ao escondite

Unha cousa ben rara, ou non tanto despois de fozar un pouco pola rede… Dun día para outro o ícono do disco duro que aparece no escritorio vai a tomar por saco amén de desaparecer tamén no apartado de dispositivos do finder. Escrutando a rede na língua de Cervantes non hai solucións, ou ben, están demasiado agochadas para o tito Google ou para a miña pericia co devandito buscador. Tentando a sorte no idioma universal, despois de unhas cantas pesquisas máis ou menos infructuosas, un par de mecachis, dous case,… por fin un bingo! sudo chflags nohidden / Unha vez que se atopa que fácil parece, pero antes… O artigo completo coa explicación para que apareza de novo o ícono do disco duro no escritorio do noso mac en...

Ler máis

Decepción Leopard

Non será porque non mo avisaron, pero, a verdade é que pasar de Tiger a Leopard foi un erro. Con Tiger en case un ano de uso 0 cuelgues, salvo algunha vez que se quedou pillado o firefox. Con Leopard cuelgues cuasi diarios de varias aplicacións, ventiladores tolos cada vez que conecto un pendrive ou un disco duro externo e apagues a machete de cando en cando porque se queda parvo o sistema operativo. Máis ca leopardo; minino.

Ler máis