En Bretoña » apple

Steve Wozniak e como IE cambiou o destino de Apple
Un dos libros que ando a ler cando teño algún minuto libre é a biografía de Steve Wozniak «Iwoz». Realmente divertida e amena.

No último capítulo do libro, «Rules to live By», a parte de dar uns consellos en plan autoaxuda moi interesantes hai unha historia que por ser descoñecida para min me resultou extraordinariamente cautivadora. Supoño que os maqueiros de vello a coñecerán.

A historia é de como o navegador IExplorer cambiou para sempre o destino de Apple e non precisamente polas súas boas prestacións. Calquer usuario de Windows que usara como navegador este enxendro sabe que non é precisamente unha goleta ou un bergantín surcando a rede, máis ben aseméllase a unha chalupa a deriva. Non fai falta lembar os vellos tempos dos dialers e outros timos para rememorar aterradoras experiencias con IE.

A mediados dos 90 Apple tiña como sistema operativo o Mac OS 7 que parece ser -según se conta no libro- que petaba máis ca unha escopeta de feira. Vamos, algo así coma o aterrador Windows 98 ou o Milenium. En Apple estában bastante preocupadillos, máis que nada pola posible perdida de clientes (pasta) e estaban considerando a idea de crear un novo sistema operativo.

Wozniak, que xa non estaba vinculado a Apple, pensaba que Mac OS 7 era un bo sistema operativo e que en vez de sacar un novo SO era mellor facerlle uns remendos ao Mac OS 7. Como el di; era un sistema invulnerable a hackers e virus.

Wozniak, por casualidade, descubriu porque o Mac OS 7 petada tanto gracias ao seu fillo Jesse. Cómo? Jesse descargou un navegador chamado iCab para usalo en sustitución do Internet Explorer. Como o seu fillo o empezou a usar, Woz tamén decidiu probalo. Efectivamente, foi cambiar de navegador e deixar de dar problemas o sistema operativo.

Woz tamén comprobou que entre os seus coñecidos que non tiñan problemas co sistema operativo ninguén usaba IE; usaban Netscape.

Wozniak púxose en contacto de tódalas maneiras posibles con Apple para comentarlles o seu descubrimento pero non o tomaron en serio nin lle fixeron o máis mínimo caso (igual que nas empresas españolas cando avisas dalgún fallo).

Pasado un tempo Wozniak recibe unha chamada de Gil Amelio (CEO de Apple) para comentarlle que ían mercar un novo sistema operativo a unha compañía chamada NeXT. Quén era o mandamais de NeXT? Steve Jobs!! Ese novo sistema operativo costaría 400 millóns de dólares e significaría o retorno triunfal de Steve Jobs a compañía da que tivera que saír pola porta de atrás en 1985.

Supoño que botando a vista atrás, MS preferiría terse molestado en sacar un producto algo máis digno con tal de evitar o renacemento dunha compañia que por aqueles anos parecía condenada a desaparecer e que co retorno de Jobs experimentou un segundo renacemento que continua hoxe grazas a productos como o iMac, o iPod, o macbook e o iPhone.

O ícono que se perdeu xogando ao escondite
Unha cousa ben rara, ou non tanto despois de fozar un pouco pola rede… Dun día para outro o ícono do disco duro que aparece no escritorio vai a tomar por saco amén de desaparecer tamén no apartado de dispositivos do finder.

Escrutando a rede na língua de Cervantes non hai solucións, ou ben, están demasiado agochadas para o tito Google ou para a miña pericia co devandito buscador. Tentando a sorte no idioma universal, despois de unhas cantas pesquisas máis ou menos infructuosas, un par de mecachis, dous case,… por fin un bingo!

sudo chflags nohidden /

Unha vez que se atopa que fácil parece, pero antes…

O artigo completo coa explicación para que apareza de novo o ícono do disco duro no escritorio do noso mac en inglés.

Decepción Leopard
Non será porque non mo avisaron, pero, a verdade é que pasar de Tiger a Leopard foi un erro.

Con Tiger en case un ano de uso 0 cuelgues, salvo algunha vez que se quedou pillado o firefox. Con Leopard cuelgues cuasi diarios de varias aplicacións, ventiladores tolos cada vez que conecto un pendrive ou un disco duro externo e apagues a machete de cando en cando porque se queda parvo o sistema operativo.

Máis ca leopardo; minino.