Lugnasad 2011
Foi ben. Mellor do que pensábamos. Unha gran festa celta a deste ano. Máis xente vestida de época que en moitas edicións anteriores salvo, claro está, os tempos nos que os amigos de Xunqueira de Ambía se facían notar. E de que maneira. Eran outros tempos. Xa son historia. O tempo non foi o mellor. Choveu! Daba igual. A xente coa que falei: moi contenta. Realmente parece que a cousa foi moi ben. Sorprendeume gratamente a implicación dos asistentes. Non por inesperada, senón por afectuosa. Sen problemas destacables salvo os provocados polo grupiño de sempre. Xa estamos afeitos. Non pasa nada. Tamén nos visitou Xena "A princesa guerreira". Creo que comera callos Coma sempre o punto álxido foi a celebración das vodas celtas a cargo do druída...
Ler máisPaseo fluvial Coto da Auruxeira de Bretoña
Neste tempo de frío inverno húmido e penetrante o rio Minotelo vai repleto de auga. O seu caudal lembra tempos pasados por uns dias durante os meses presididos pola cociña de leña e os bolos preñados que acompañan ao viño. Este pequeno rio discorre plácido polo barrio da Igrexa no seu desatino siseante por Bretoña. Ao seu carón xeracións de britonienses fixeron parte da súa vida cotiá. Pobra diso son os seus muíños. Estrelas da arquitectura popular e exemplo do uso de enerxías renovables dende séculos antes de existir o termo. O Miñotelo ao seu paso por Bretoña foi obxecto de profundos, necesarios e beneficiosos cambios grazas a iniciativa de colectivos como a «Asociación de Amigos da Feira de Bretoña» e a implicación do concello de A...
Ler máisCartel da XIV Festa Celta do Lugnasad
Ben, este é o cartel deste ano da festa celta de Bretoña. Temos que dar as gracias de corazón a David de Gráficas Ribadeo por facérnolo e a Suso da Serigrafía Eo por encargarse de todo, aguantarme e darnos as máximas facilidades. Agardo que vos guste e que veñades a posiblemente derradeira edición da Festa Celta de Bretoña.
Ler máisFesta celta do Lugnasad 2010 en Bretoña
Un ano máis por estas data estase a cociñar unha nova edición da Festa Celta do Lugnasad -e van catorce se a memoria no me falla-. Apurados coma sempre pero tirando para diante. A falta de innúmeros temas por pechar o que si xa se pode adiantar é o cartel musical deste ano que promete festa a esgalla e bo ritmo. Saltonocribo Os Cempés Pan de Capazo Cuchufellos A parte das actuacións musicais haberá coma tódolos anos as clásicas vodas celtas oficiadas por un misterioso druída e a medianoite quentaranse as gorxas de tódolos presentes con boa queimada da terra unha ver realizado o conxuro. A xente interesada en casar polo rito celta aínda pode pasar pola web da asociación cultural auruxeira a contactar para apuntarse....
Ler máis







