Pasplj e compañía
As vellas historias do baloncesto romántico. Lembro dentro da miña infancia e preadolescencia eses duelos deportivos, convertidos co paso do tempo e da crenza, case sempre certa, de que calquera tempo pasado foi mellor, uns tipos moi altos cunha pelota gorda. Lembro o mundial de España 82, a Perico demarrando, a quinta do voitre,… pero sobre todo lembro baloncesto. A voz de Ramón Trecet achegando a NBA nun programa absolutamente diferente a todo o visto por aquel entón. Os partidos da NBA nos primeiros anos da galega os sábados pola maña. A liga ACB, a copa de Europa de clubes… Épicas batallas, máis alá do deportivo, entre as seccións de baloncesto do Real Madrid e o FC Barcelona; Aito vs Lolo, Norris vs Martín. Dous estilos antagónicos....
Ler máisDirk: O primeiro europeo que chega aos 20.000
A pasada noite Dirk Nowitzki acadou un novo logro na súa carreira deportiva ao superar a cifra dos 20.000 puntos anotados na NBA. Este logro persoal é tamén un logro para o baloncesto europeo sendo o primeiro xogador saído das canchas de xogo de Europa en acadar tal cifra. Ao seu indiscutible talento hai que engadir a gran sorte de chegar a NBA nun momento no que Dallas estaba entrenado por Don Nelson e ter ao seu lado a outro grandísimo xogador que segue dando lecións de baloncesto-caviar cada noite: Steve...
Ler máisHedo Turkoglu; o herdeiro de Toni Kukoc
Dende fai varias tempadas Turkoglu reclamou por dereito propio en Orlando o sitio que lle era negado en Sacramento como xogador titular dunha franquicia NBA. Pese a que nesta tempada non está a despregar o seu mellor xogo nin a facer uns números tan excelsos coma na campaña anterior, temos ao seu equipo liderado por Superman Howard dándolle a primeira na cara aos Cavaliers de Egoista James con 15 puntos e 14 asistencias de Hedo. Dende sempre o estilo de xogo de Turkoglu tivo unha gran similitude co despregado polo xogador máis talentoso que deu o continente (Toni Kukoc). Ata a maneira de moverse pola cancha de xogo, de botar a pelota, de entrar a canastra lembra profundamente a Toni. Un home moi alto que manexa magnificamente o balón e capaz de xogar en...
Ler máisMenudo tapón te he puesto, nenaza
Comenzou un novo e interesante curso baloncestístico que promete dar emocións fortes e xogo de calidade. Na NBA parece que as cousas a groso modo seguén igual salvo polos Mavs que se confirman como unha franquicia en caída libre liderados por unha superestrela rodeado de xogadores en franca decadencia nuns casos e moi mediocres noutros. Tal vez sexa este o ano dos Lakers… Tamén está por ver o papel de xogadores como Rudy e sobre todo Calderón nun ano que tal vez pode ter papeletas para andar cerca do All Star se mantén o nivel que está a dar nestas primeiras xornadas. Como ven sendo habitual a diversión e os grandes equipos están na conferencia oeste. A ACB máis interesante dos últimos anos conta cun plantel de estrelas sobresaíndo entre todas...
Ler máis







