En Bretoña » baloncesto

Pasplj e compañía
As vellas historias do baloncesto romántico.

Lembro dentro da miña infancia e preadolescencia eses duelos deportivos, convertidos co paso do tempo e da crenza, case sempre certa, de que calquera tempo pasado foi mellor, uns tipos moi altos cunha pelota gorda. Lembro o mundial de España 82, a Perico demarrando, a quinta do voitre,… pero sobre todo lembro baloncesto.

A voz de Ramón Trecet achegando a NBA nun programa absolutamente diferente a todo o visto por aquel entón. Os partidos da NBA nos primeiros anos da galega os sábados pola maña. A liga ACB, a copa de Europa de clubes…

Épicas batallas, máis alá do deportivo, entre as seccións de baloncesto do Real Madrid e o FC Barcelona; Aito vs Lolo, Norris vs Martín. Dous estilos antagónicos. Dúas formas de entender o show. Case sempre gañaba o Barça -ou esa sensación teño na memoria-. A figura de Aito parecía a dun coloso de Rodas invencible -salvo en Europa onde uns tipos vestidos de marelo facían que iso de ser os mellores parecera fácil-. Aito era e segue a ser un tótem do baloncesto, alguén dotado para ver o detalle desequilíbrante onde ninguén máis o pode/ía ver.

A finais dos anos 80 tivemos a sorte de ver fronte a fronte as mellores xeracións de xogadores que deu o deporte da canastra. A poderosa URSS comandada por Sabonis, Volkov, Marciulonis, … fronte ao talento en estado puro da nova xeración Iugoslava da man de Petrovic, Kukoc, Radja, Pasplj e Divav que alcanzaría o seu cenit no mundial de Arxentina 90 dobregando aos soviéticos con Pasplj, Kukoc e Petrovic como dominadores.

No outro lado do atlántico Jordan, Bird, Magic, Thomas, Mullin, Ewing, Olajuwon, Barkley, ….. Case nada!

Nos torneos de clubes, as fulgurantes aparicións de equipos como o Zalguiris de Sabonis, a Cibona de Petrovic e como colofón mesiánico o dominio absolutos durante tres anos da Jugoplastika de Split comandada por Kukoc demostraban que o baloncesto era cousa dos países orientais. A Jugoplastika coroouse como o mellor equipo de baloncesto europeo das últimas décadas facendo un xogo vibrante e desenfadado baseado na calidade individual moi distinto ao que anos despois practicaría o seu entrenador -Bozidar Malkovich- no Limoges para facelo campión.

Para ver a calidade que atesouraba esa Jugoplastika só chega con lembrar algún dos seus compoñentes; Kukoc, Radja, Perasovic, Ivanovic, Savic, Naumosky, Tabak, … Como non engancharse a un deporte protagonizado por auténticos artistas e que pese aos seus propios egos entendían que o éxito está no traballo colectivo.

O por aquel entón débil baloncesto grego empeza a afrouxar billetes para crear equipos competitivos que se puideran plantar en finais europeas. O Olimpiakos fichaba a Zarco Pasplj. De non ser por Kukoc sería Pasplj o mellor aleiro de Europa sen discusión.

Paspalj era un tipo peculiar en todos os aspectos. Fumador empedernido. Tiña unha mecánica de tiro nada ortodoxa pero moi efectiva. Excelso esperto no lanzamento apoiándose na táboa. O seu talento era adornado co mellor primeiro paso ofensivo do continente. Cando iniciaba unha penetración o defensor só podía tentar manter o equilibrio e disfrutar nunha posición privilexiada dunha canastra de fermosa factura rezando para que algún dos pivots fora capaz de frear a Paspjl.

A altura de Pasplj -2,06- permitíalle alternar as posicións de aleiro e ala-pivot facendo incluso en ocasións labores de base-aleiro -no que Kukoc e Bird foron os grandes referentes- e o seu gran talento facía que fora o mellor en ámbalas posicións. Durante anos foi Pasplj o propietario do posto de titular na posición de aleiro en Iugoslava por diante de Kukoc. Antes da desmembración de Iugoslavia Pasplj xogaba principalmente de aleiro. Posteriormente baixo a bandeira de Serbia e Montenegro xogou a maioría das veces de ala-pivot.

Viaxeiro incansable

O seu frenético deambular fixo que vestira a camisola de moitos equipos:

Buducnost.

Partizan.

San Antonio Spurs.

Olympiakos.

Panathinaikos.

Panionios.

Racing de Paris.

Aris de Salónica.

Virtus.

Destacou sempre pola súa capacidade anotadora sendo máximo anotador da liga Iugoeslava co Partizan na tempada 90-91 nun equipo no que estaba acompañado por talentos como Djordjevic e Danilovic. Pese a non gañar o campionato, as súas grandes actuacións servíronlle para conseguir un contrato no emerxente Olympiakos grego.

A súa primeira tempada en Grecia foi brutal. Promediou 33,7 puntos de media por partido levando a un Olympiakos en construción a final na que serían derrotados polo PAOK. A segunda final perdida en dous anos.

O ano seguinte cun equipo fortalecido e promediando 25 puntos por partido arrasou en Grecia gañándoo todo pero perdendo a Final Four contra o Limoges de Malkovich ao pisar a liña de banda no ataque decisivo. Agrandábase a maldición de Paspalj.

A maldición dos tiros libres

Paspalj era un tirador magnifico de tiros libres ata a tempada 93-94 no que os seus promedios baixaron dun magnífico 86% a menos do 50%. Isto custaríalle a Final Four dese ante onde Olympiakos caía derrotado polo Juventud de Badalona fallando Pasplj dous tiros libres decisivos ao final do partido. A maldición agrandábase.

A partir de esa tempada o seu tiro nunca voltaría a ser a arma letal que fora.

A traizón

O ídolo de toda unha afección ficharía en 1994 polo máximo rival e inimigo: Panathinaikos. No Panathinaikos pese a ser a gran estrela e máximo anotador o seu impacto e o seu xogo non foi consistente como nas tempadas anteriores.

Unha das últimas aparicións a primeiro nivel de Paspjl foi na Final Four de Zaragoza comandando o equipo verde. Decepcionou. Agrandouse a lenda negra deste gran xogador que viña a dicir que era un xogador que se viña abaixo nos grandes eventos.

Post Panathinaikos

As súas actuacións no resto dos equipos nos que militou sempre foron consistentes e mellorando as clasificacións dos mesmos. En Paris fixo campión ao Racing por primeira vez en máis de 40 anos.

Problemas de saúde

O tabaco tentou matar a Zarco en varias ocasións. No ano 2001 sofre un gravisimo infarto que o ten ao borde da morte. Ese mesmo ano, meses despois, volve a sufrir outro infarto.

Dirk: O primeiro europeo que chega aos 20.000
<object width="388" height="394" classid="clsid:D27CDB6E-AE6D-11cf-96B8-444553540000" id="ep"><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="wmode" value="transparent" /><param name="movie" value="http://i.cdn.turner.com/nba/nba/.element/swf/1.1/cvp/nba_embed_container.swf?context=nba&videoId=channels/nba_tv/2010/01/10/20100110_dal_nowitzki_retrospective.nba" /><param name="bgcolor" value="#000000" /><embed src="http://i.cdn.turner.com/nba/nba/.element/swf/1.1/cvp/nba_embed_container.swf?context=nba&videoId=channels/nba_tv/2010/01/10/20100110_dal_nowitzki_retrospective.nba" type="application/x-shockwave-flash" bgcolor="#000000" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always" width="388" wmode="transparent" height="394"></embed></object>

A pasada noite Dirk Nowitzki acadou un novo logro na súa carreira deportiva ao superar a cifra dos 20.000 puntos anotados na NBA. Este logro persoal é tamén un logro para o baloncesto europeo sendo o primeiro xogador saído das canchas de xogo de Europa en acadar tal cifra.

Ao seu indiscutible talento hai que engadir a gran sorte de chegar a NBA nun momento no que Dallas estaba entrenado por Don Nelson e ter ao seu lado a outro grandísimo xogador que segue dando lecións de baloncesto-caviar cada noite: Steve Nash.

Hedo Turkoglu; o herdeiro de Toni Kukoc
Dende fai varias tempadas Turkoglu reclamou por dereito propio en Orlando o sitio que lle era negado en Sacramento como xogador titular dunha franquicia NBA.

Pese a que nesta tempada non está a despregar o seu mellor xogo nin a facer uns números tan excelsos coma na campaña anterior, temos ao seu equipo liderado por Superman Howard dándolle a primeira na cara aos Cavaliers de Egoista James con 15 puntos e 14 asistencias de Hedo.

Dende sempre o estilo de xogo de Turkoglu tivo unha gran similitude co despregado polo xogador máis talentoso que deu o continente (Toni Kukoc). Ata a maneira de moverse pola cancha de xogo, de botar a pelota, de entrar a canastra lembra profundamente a Toni. Un home moi alto que manexa magnificamente o balón e capaz de xogar en catro posicións distintas.

Alto e espigado pero cun tren superior máis poderoso que o do xenio de Split. Turkoglu está destinado a levar nestas finais de conferencia gran parte do peso ofensivo do seu equipo, sobre todo, nos momentos finais onde Howard non é unha boa opción de ataque debido a súa pésima porcentaxe nos tiros libres.

Un pracer gozar deste tipo de xogadores: superclases propios doutras épocas con menos músculo e máis talento.

Crédito da foto: Keith Allison

Menudo tapón te he puesto, nenaza
Comenzou un novo e interesante curso baloncestístico que promete dar emocións fortes e xogo de calidade.

Na NBA parece que as cousas a groso modo seguén igual salvo polos Mavs que se confirman como unha franquicia en caída libre liderados por unha superestrela rodeado de xogadores en franca decadencia nuns casos e moi mediocres noutros. Tal vez sexa este o ano dos Lakers…

Tamén está por ver o papel de xogadores como Rudy e sobre todo Calderón nun ano que tal vez pode ter papeletas para andar cerca do All Star se mantén o nivel que está a dar nestas primeiras xornadas.

Como ven sendo habitual a diversión e os grandes equipos están na conferencia oeste.

A ACB máis interesante dos últimos anos conta cun plantel de estrelas sobresaíndo entre todas elas Navarro. Haberá que ver se este é o ano de Rubio, probable nº 1 do draf dentro dun par de anos.

Unha liga super reñida con cinco firmes aspirantes ao título; Tau, Barça, DKV, Madrid e Unicaja. A nova etapa de Aíto seguro que fará que o Unicaja dea un paso ao frente. O mellor entrenador europeo seguirá dando leccións maxistrais.

Anque o Real Madrid empezou moi mal esta tempada seguro que estará pelexando nos playoffs. Ben é certo que ten peor equipo que nos últimos anos e quen fixo os fichaxes debería estar pegando selos en en vez de contratando xogadores.

Na Euroliga teño serias dúbidas de que os equipos ACB poidan desbancar aos clásicos das últimas finais, pero, en todo caso, nesta ocasión parece que as cousas están máis igualadas cos movementos de xogadores habidos nos meses do verán e tal vez se poida meter algún na Final Four. Outra cousa será sair victorioso desa guerra de trincheiras e intereses económicos.

«Menudo tapón te he puesto, nenaza» – Teletovic a Reyes

Anque lle deron bastantes paos a Teletovic por provocar a Reyes no partido Tau – Real Madrid e que desembocou nun reparto de hostias camiño dos vestiarios (penoso), o certo é que me recordou aos clásicos xogadores plavi dos anos 80 capaces de facer perder os nervos ao máis pintado con tal de opter unha mínima ventaxa. Tema a parte son os zumbados que apedrearon o bus do Madrid, unha lacra que non se limita ao mundo do fútbol.

I love this game