O gran mate de Scottie Pippen
Un dos xogadores que marcou unha xeración. Un dos mellores aleiros da historia. Un gran anotador, pasador, defensor. Un xogador de baloncesto total. Este é probabelmente o seu mate máis recordado.
Ler máisHedo Turkoglu; o herdeiro de Toni Kukoc
Dende fai varias tempadas Turkoglu reclamou por dereito propio en Orlando o sitio que lle era negado en Sacramento como xogador titular dunha franquicia NBA. Pese a que nesta tempada non está a despregar o seu mellor xogo nin a facer uns números tan excelsos coma na campaña anterior, temos ao seu equipo liderado por Superman Howard dándolle a primeira na cara aos Cavaliers de Egoista James con 15 puntos e 14 asistencias de Hedo. Dende sempre o estilo de xogo de Turkoglu tivo unha gran similitude co despregado polo xogador máis talentoso que deu o continente (Toni Kukoc). Ata a maneira de moverse pola cancha de xogo, de botar a pelota, de entrar a canastra lembra profundamente a Toni. Un home moi alto que manexa magnificamente o balón e capaz de xogar en...
Ler máis







