Ruta BTT: Ascensión ao monte Carracedo
Subir ao monte Carracedo dende a cara que mira a Bretoña non presenta moitas dificultades. Tratase dun percorrido curto que unha vez culminada a ascensión nos premia cunhas vistas espectaculares. Saímos dende o barrio da Igrexa e tiramos cara a ruta do coto da Auruxeira meténdonos pola carrilleira que está antes da Gancobre facendo a travesía ata a corredoira que nos leva ao Coto da Auruxeira. Pasado o coto seguimos paralelos a estrada pola pista que hai ao carón dela collendo cara a Fontao para despois comezar a ascensión ao monte de Fontao. Unha ascensión curta pero esixente. Culminado o monte viramos a dereita en dirección a Francos onde pistearemos por zonas onde se alternan pequenas subidas e baixadas ata que encaramos dirección Campodoso....
Ler máisIV edición da volta as comarcas de Lugo
A pasada fin de semana celebrouse a IV edición da volta as comarcas de Lugo. Unha proba ciclista que ano a ano percorre a provincia o longo de tres días. Neste ocasión aproveitando que a terceira e definitiva etapa tiña saída e chegada en Riotorto e pasaba por vilas como Bretoña, Lourenza, Meira, … achegueime a facer unhas fotos e por o dentes largos vendo as bicicletas que se gastan os corredores. Pese a que maioría dos equipos eran de distintas partes do estado tamén había dous equipos portugueses e un ruso que, por certo, tiña a equipación máis bonita -opinión persoal- de tódolos equipos participantes. Votase en falta que en eventos ciclistas deste tipo o rutometro non este acompañado dun trac ou mapa. Nesta etapa de Riotorto creo que...
Ler máisConcerto tributo a Lois Pereiro en Bretoña
Co gallo da celebración das letras galegas adicadas este ano a Lois Pereiro celebrarase o día 13 de maio dende as 10 da noite no Teleclube de Bretoña un concerto homenaxe a Lois onde estarán presentes: Antón Losada. Xermán dos Escornabois. Xurxo Souto. Xabier Cordal. Richi dos Rastreros. García MC. Ondas Martenot. Antón dos Papaqueixos. Fran Amíl dos Tres trebóns. Cristina de Sonoro Maxim. Leo i Arremecaghona. … Ao longo do acto de carácter lúdico festivo faranse distintas actividades co ánimo de recordar a aportación de Lois a cultura galega. Por suposto haberá música pero tamén recitario de poemas de Lois, discusións sobre a súa...
Ler máisPaseo fluvial Coto da Auruxeira de Bretoña
Neste tempo de frío inverno húmido e penetrante o rio Minotelo vai repleto de auga. O seu caudal lembra tempos pasados por uns dias durante os meses presididos pola cociña de leña e os bolos preñados que acompañan ao viño. Este pequeno rio discorre plácido polo barrio da Igrexa no seu desatino siseante por Bretoña. Ao seu carón xeracións de britonienses fixeron parte da súa vida cotiá. Pobra diso son os seus muíños. Estrelas da arquitectura popular e exemplo do uso de enerxías renovables dende séculos antes de existir o termo. O Miñotelo ao seu paso por Bretoña foi obxecto de profundos, necesarios e beneficiosos cambios grazas a iniciativa de colectivos como a «Asociación de Amigos da Feira de Bretoña» e a implicación do concello de A...
Ler máisXentes de Bretoña
Fotos de xente de Bretoña de distintas épocas. Estas fotos cedidas por varias persoas que foron escaneadas por min para a ser proxectadas na Festa Celta do Lugnasad de Bretoña do ano 2009. Posteriormente foron expostas pola Asociación Amigos da Feira de Bretoña na Festa das freces do ano 2010. [Show as slideshow] [View with PicLens]
Ler máis







