Unha volta a Bretoña en bicicleta
Unha das cousas que pensaba cando empecei a andar en bicicleta de forma máis seria era que pola zona de Bretoña non había recorrido que fora vistoso. Tamén pensaba que pouco era o que había que percorrer. Unha parroquia pequecha entre a Terra Cha e A Mariña. Un ten dereito a equivocarse. Cun pouco de pedal podemos descubrir ou redescubrir sendeiros esgochados, pistas forestais ocultas e vistas dignas de contemplar. Esta ruta sae, como non, do centro de Bretoña (Barrio da Igrexa) collendo dirección a Mourelle meténdose por camiños que levan as leiras das granxas do Castrillón. Unha vez chegados a Mourelle damos volta ata entrar pola agreste pista que nos levará á linde entre Bretoña e Riotorto xusto detrás de Luxilde. Iniciamos un serpernteo...
Ler máisRuta BTT: Ascensión ao monte Carracedo
Subir ao monte Carracedo dende a cara que mira a Bretoña non presenta moitas dificultades. Tratase dun percorrido curto que unha vez culminada a ascensión nos premia cunhas vistas espectaculares. Saímos dende o barrio da Igrexa e tiramos cara a ruta do coto da Auruxeira meténdonos pola carrilleira que está antes da Gancobre facendo a travesía ata a corredoira que nos leva ao Coto da Auruxeira. Pasado o coto seguimos paralelos a estrada pola pista que hai ao carón dela collendo cara a Fontao para despois comezar a ascensión ao monte de Fontao. Unha ascensión curta pero esixente. Culminado o monte viramos a dereita en dirección a Francos onde pistearemos por zonas onde se alternan pequenas subidas e baixadas ata que encaramos dirección Campodoso....
Ler máis







