Lugnasad, unha noite máxica

Lugnasad, unha noite máxica

O domingo día 11 de decembro presentouse en sociedade no salón parroquial de Bretoña o documental «Lugnasad; unnha noite máxica» realizado por Miguel García Fernández durante a celebración da pasada edición da festa celta -a decimoquinta edición- do Lugnasad o 5 de agosto de 2011. A presentación asistimos varios membros da Asociación Cultural Auruxeira, algúns veciños e outras persoas do contorno. O evento -moi ameno- estivo marcado pola proxección por primeira vez ante o público do referido documental. A impresión; moi positiva. Un fiel reflexo do que a festa celta pretende transmitir e dos valores nos que se apoia. O documental intercala con acerto intervencións -entre elas a miña (modo autobombo on)- de varios membros presentes a pasados...

Ler máis

Lugnasad 2011

Lugnasad 2011

Foi ben. Mellor do que pensábamos. Unha gran festa celta a deste ano. Máis xente vestida de época que en moitas edicións anteriores salvo, claro está, os tempos nos que os amigos de Xunqueira de Ambía se facían notar. E de que maneira. Eran outros tempos. Xa son historia. O tempo non foi o mellor. Choveu! Daba igual. A xente coa que falei: moi contenta. Realmente parece que a cousa foi moi ben. Sorprendeume gratamente a implicación dos asistentes. Non por inesperada, senón por afectuosa. Sen problemas destacables salvo os provocados polo grupiño de sempre. Xa estamos afeitos. Non pasa nada. Tamén nos visitou Xena "A princesa guerreira". Creo que comera callos Coma sempre o punto álxido foi a celebración das vodas celtas a cargo do druída...

Ler máis

Anecdotario da festa celta 2010

Anecdotario da festa celta 2010

Co paso do tempo, case un mes, é momento de facer un pequeno balance do que foi a Festa Celta do Lugnasad 2010 no referente a anécdotas e actos pintorescos que pasan desapercibidos para moitos pero que lle dan a isto das celebracións espontáneas de natureza festivaleira o seu carácter e razón de ser. Por moito que se poida dicir sempre van a quedar as cousas máis hilarantes e divertidas no tinteiro por fala da memoria ou vergoña de contalas. Sexa este pequeno resumo: a punta do iceberg. 1.Camisetas e cartel – Por difícil de que sexa de crer tres semanas antes da festa celta nin tiñamos deseño para as camisetas nin para o cartel. Unha serie de imponderables propios dun filme de Mel Brooks facían que sacaramos o plan Z do baúl para solventar este...

Ler máis

Crónica do Lugnasad 2009 de Bretoña

Crónica do Lugnasad 2009 de Bretoña

Xa rematou o Lugnasad. Carballeira, ritos, vodas celtas, vento,… moito vento, frío,… moito frío e Maeloc. Volta a tranquilidade ao Coto da Auruxeira. Despois da festa, da xente, da música,… chega o silencio, a calma. As árbores fanse donas por outro ano máis do noso pequeno coto. As pallozas fican baldeiras. O estrés da preparación, o traballo duro dos días previos, a intensidade da noite celta, os bos momentos de compañeirismo, as expedicións a terras alleas despois das xornadas de traballo quedan atrás: rematou o Lugnasad. Onte (sabado todo estaba calmo, entre a choiva unhas figuras paseniñamente se afanaban en recoller dilixentemente os candís, os fachos, os estandartes e todo o que lle da ese carácter especial a festa celta...

Ler máis

Festa celta do Lugnasad 2009

Festa celta do Lugnasad 2009

Como é costume o primeiro venres de agosto celebrase en Bretoña a festa celta do Lugnasad. Este ano o venres cae en 7 de agosto. Nesta edición o tema musical estará cuberto polos “Os Tres Trebóns”, o grupo “Gandalf” de Astorga e o grupo asturiano “Taranus” que seguro farán as delicias dos presentes. Coma sempre entre música e conxuro da queimada haberá tempo tamén para o ritual das vodas celtas. As actividades comezarán pola tarde cunha serie de actos lúdicos para os máis cativos e o pistoletazo de saída pola noite será as dez e media da noite. As pallozas estarán ben cheas de comida e de bebida para todos os que se acheguen a gozar da noite celta britoniense en honra ao deus Lugh. Gandalf Os Tres Trebóns Taranus O venres 7 de agosto...

Ler máis