En Bretoña » celta

Lugnasad, unha noite máxica
O domingo día 11 de decembro presentouse en sociedade no salón parroquial de Bretoña o documental «Lugnasad; unnha noite máxica» realizado por Miguel García Fernández durante a celebración da pasada edición da festa celta -a decimoquinta edición- do Lugnasad o 5 de agosto de 2011.

A presentación asistimos varios membros da Asociación Cultural Auruxeira, algúns veciños e outras persoas do contorno. O evento -moi ameno- estivo marcado pola proxección por primeira vez ante o público do referido documental. A impresión; moi positiva. Un fiel reflexo do que a festa celta pretende transmitir e dos valores nos que se apoia.

O documental intercala con acerto intervencións -entre elas a miña   (modo autobombo on)- de varios membros presentes a pasados da asociación nas que se falan das orixes do festival, anécdotas, do contexto no que se enmarca e que obxectivos se perseguen coa súa celebración. Todo acompañado con imaxes de pasadas edicións e, sobre todo, da edición do ano 2011.

Entrará no circuíto dos festivais de curtas polo que a súa difusión pode ser elevada. Nos encantados! Unha carta de presentación para a festa celta e para Bretoña. Que máis podemos pedir! Ogalla sirva para atraer a máis xente a festa

Hai tempo para a lembranza dos que pasarón e axudarón. Tempo para rememorar vellas anécdotas. Tempo para voltar ao noso propio pasado pasado como asociación e lembrar aquelas xuntanzas multitudinarias no salón parroquial de finais dos anos noventa. O mesmo salón parroquial usado para presentar o filme.

A música que nos acompañou durante quince anos acompáñanos tamén durante os 20 minutos que dura o documental. A música; elemento fundamental da nosa historia, do noso pasado e de calquera narración. Ligazón poética entre os pobos. Ligazón  entre as xentes sexan de onde sexan.

Máis ca un documental: unha declaración de intencións.

Será comercializado a un prezo de 10 euros e será posible mercalo en varios comercios de Bretoña e, por suposto, na seguinte edición do Lugnasad. A tirada inicial consta de 200 exemplares. Agardemos que sexa un éxito e que o realizador teña que facer novas tiradas.

Lugnasad 2011
Foi ben. Mellor do que pensábamos. Unha gran festa celta a deste ano. Máis xente vestida de época que en moitas edicións anteriores salvo, claro está, os tempos nos que os amigos de Xunqueira de Ambía se facían notar. E de que maneira. Eran outros tempos. Xa son historia.

O tempo non foi o mellor. Choveu! Daba igual. A xente coa que falei: moi contenta. Realmente parece que a cousa foi moi ben.

Sorprendeume gratamente a implicación dos asistentes. Non por inesperada, senón por afectuosa. Sen problemas destacables salvo os provocados polo grupiño de sempre. Xa estamos afeitos. Non pasa nada. Tamén nos visitou Xena "A princesa guerreira". Creo que comera callos

Coma sempre o punto álxido foi a celebración das vodas celtas a cargo do druída Chao de Luxilde. Innovouse neste aspecto gracias a colaboración do escultor Fernando Villapol que cedeu unha escultura para facer de deus Lugh ante unha ofrenda por parte dos noivos antes das vodas.

Tras os vodorrios chegou a queimada. Un momento sobrio e rápido para dar paso ao desenfreo por coller unha pinga da rica queimada que é de balde. Lembrase a xente que se mete as mans no perolo pódese mancar.

A música coma sempre nas últimas edicións moi ben:

Muxarega

Linho do cuco

Pe de boi

Ultráqáns

Para remarcar o carácter especial desta edición realizouse un documental que verá a luz nos próximos meses que servirá, polo menos, que cando dentro de trinta anos no asilo contemos as aventuras que vívemos con Lugnasad teñamos unha proba gráfica que corrobore o noso relato. Un recordo para todos os que pasaron e deixaron a súa impronta na Asociación Cultural Auruxeira.

Nas quince edicións de Lugnasad celebradas sempre tivemos moita sorte coa choiva. Tivemos anos nos que despois de chover todo o día paraba a iso das oito da tarde para dar un trégua. Case diría que tiñamos un anxo protector. Ata este este ano. Conto todo a cousa non afectou nada ao desenrolo da festa. Outro ano máis a sorte púxose do noso lado.

Ao día seguinte, ao achegarnos a recoller o lixo os primeiros pensamentos foron para preparar a edición XVI da festa celta. A cabeza dando voltas para tentar mellorar e seguir a diante un ano máis ata que o corpo aguante.

Anecdotario da festa celta 2010
Co paso do tempo, case un mes, é momento de facer un pequeno balance do que foi a Festa Celta do Lugnasad 2010 no referente a anécdotas e actos pintorescos que pasan desapercibidos para moitos pero que lle dan a isto das celebracións espontáneas de natureza festivaleira o seu carácter e razón de ser.

Por moito que se poida dicir sempre van a quedar as cousas máis hilarantes e divertidas no tinteiro por fala da memoria ou vergoña de contalas. Sexa este pequeno resumo: a punta do iceberg.

1.Camisetas e cartel – Por difícil de que sexa de crer tres semanas antes da festa celta nin tiñamos deseño para as camisetas nin para o cartel. Unha serie de imponderables propios dun filme de Mel Brooks facían que sacaramos o plan Z do baúl para solventar este imprevisto. O cartel foise apañando -e, por certo, ben bonito- unha semana antes do Lugnasad.  O fin de semana antes da festa unha serie de nativos britonienses adicáronse a pegar carteis por voa parte da mariña ata esgotar o papel. Foi cando nos demos de conta que 500 sempre é mellor que 300. A Lugo non chegaron carteis ata o martes (tres días antes da festa) e moi contados porque nos quedaban menos de 20. Como teño comentado en varias ocasións; as xentes de Bretoña somos afeccionados a traballar baixo presión. Senón non presta igual. Non é o mesmo. As camisetas chegaron a Bretoña o día antes da festa. Non esta mal. En outras edicións pasadas teñen chegado o mesmo día da festa. Neste punto é importante resaltar que pedimos as camisetas de muller azuis e con tirantes e as de home cor chocolate. Recibimos unhas camisetas de muller de cor marrón claro e con mangas e unhas fermosas camisetas de home de cor marrón escuro pero non chocolate. Imponderables da vida!!

2.Son –  Digamos que se nos presentou a oportunidade de optar a unha amplificación máis potente da que normalmente tiñamos. Neste caso unha empresa de amplificación da que non darei datos identificativos nos tentou de convencer de tódalas as súas bondades. Este era un caso para  noso experto negociador que tras unha larga conversa con esta empresa quedou convencido das súas bondades. Ao final picamos. Contratamos a nova empresa de amplificación que quedamos tan panchos ata que a 15 días xustos da festa nos chama o fulano da amplificación para dicirnos que pasaba de nós. Menudo marrón. Que profesionalidade!! Menos mal que puidemos voltar a votar man da empresa que facía a amplificación anos anteriores non sen traballos.

3.Vodas celtas – Este ano estreamos druída con bastante éxito o cal fixo que todo transcurrira máis ou menos placidamente salvo pola escaseza de persoal (guerreiros) que fixo que a media hora de iniciar a representación das vodas celtas nos faltara unha persoa para levar o estandarte. Esa foia a miña. Por primeira vez dende que se fai a festa tiven a oportunidade de presenciar o rito das vodas celtas en primeira fila ademais de comprobar o incomodo que é de levar o estandarte sen tropezar ou pegase unha hostia de tres pares.

4.Conxuro da queimada – Normalmente cando a queimada está preparada hordas de “celtas por un día” tíranse a por un grolo de queimada gratuíta bebéndoa, en moito casos aínda ardendo. Xurdiron algúns fallejos nesta edición que fixeron que só os máis celtas do lugar se animaran a repetir un copazo de queimada. Entre eles compre destacar a desaparición do azucre para a queimada que posteriormente aparecería a altas horas da madrugada. Unha queimada sen azucre xa se sabe: tira para atrás. Outro aspecto foi a cantidade de veleno que se lle meteu a queimada. Con veleno estoume referindo a café; non pensemos mal. Máis que queimada saíunos un estupendo licor café ben quentiño. Pese a todos estes imprevistos tampouco é que sobrara moita queimada.

5.Colocación dos indicadores – Unha tradición inseparable do Lugnasad é a noite antes a poñer os indicadores na estrada. Catro dos mellores britonienses que formaban un comando foron os escollidos. Unha vez requisada unha furgoneta para tan magna tarefa dividímonos en dous grupos e procedemos coas operacións especiais de chantado e clavado. Deixarei os detalles humorísticos para outra ocasión e centrareime no grave. Cando xa estabamos a punto de rematar, só falta colocar o sinal na Cruz da Cancela, case temos un desgusto dos gordos por unhas vacas que atravesaron a estrada e provocaron un accidente gordo do que tanto os que iamos no coche diante como os que viñan na furgona atrás libramos por cuestión de segundos. Unha parella non tivo tanta sorte. Por fortuna non houbo perdidas persoais. Ao final a misión foi cumprida con éxito e varios fermosos indicadores deron a benvida aos asistentes ao Lugnasad de Bretoña.

Crónica do Lugnasad 2009 de Bretoña
Conxuro da queimada

Xa rematou o Lugnasad. Carballeira, ritos, vodas celtas, vento,… moito vento, frío,… moito frío e Maeloc. Volta a tranquilidade ao Coto da Auruxeira. Despois da festa, da xente, da música,… chega o silencio, a calma. As árbores fanse donas por outro ano máis do noso pequeno coto. As pallozas fican baldeiras.

O estrés da preparación, o traballo duro dos días previos, a intensidade da noite celta, os bos momentos de compañeirismo, as expedicións a terras alleas despois das xornadas de traballo quedan atrás: rematou o Lugnasad.

Onte (sabado  todo estaba calmo, entre a choiva unhas figuras paseniñamente se afanaban en recoller dilixentemente os candís, os fachos, os estandartes e todo o que lle da ese carácter especial a festa celta de Bretoña, feita con moito esforzo, ilusión e poucos medios. A decimoterceira xa pasou.

Foi unha edición esta da festa celta con moitas novidades, puido ser mellor; seguramente. Puidémoslle por máis ilusión: imposíbel. Faltan cartos, sobran ilusión e gañas.

O día non prometía moitas alegrías. O medo a que a amiga choiva nos arruína a noite esta presente na mente de todos/as pero voltounos a respectar e van xa… Un convidado inesperado foi o vento incesante e o frío norteiro. O vento xogounos algunha mala pasada cos fachos. Tanto traballo para despois sernos imposible telos prendidos todos. Polos menos os que estaban en sitios máis abrigadiños resistiron ao deus Eolo.

Un novo druída para oficiar as vodas celtas e para facer o conxuro da queimada. Unha nova forma de facer. Un novo estilo. Guerreiros fortes que lle prantaron cara ao frío viquingo con finas roupas. Unha nova pedra para o rito das vodas para substituír a que durante máis dunha década foi a protagonista que finalmente sucumbiu ante un inimigo chamado Klaus.

Outra novidade: Unha proxección de fotos antigas da vila de Bretoña e das súas xentes para todos os que se quedaron na parte alta da carballeira mentres se oficiaban as vodas celtas. Se se volve a facer temos que mellorar varios aspectos: máis fotos e un pc cun sistema operativo libre (Arch Linux se me dan a opción).

Non faltou a música mentres as gorxas disfrutaban do rico licor Maeloc, das queimadas e do hidromel. Empezaron os amigos de «Gandalf» dando mostras do seu bo facer ata as 12 da noite. Despois das vodas tomaron o relevo «Os Tres Trebóns» que coa súa intensidade puxeron a carballeira patas arriba. Sobrou a demostración de sombras chinesas do amigo Xan. O remate musical chegou cos ástures «Taranus» que o fixeron moi ben pese a que algún dos seus membros viña de facer un turno dobre no seu traballo habitual.

Como é costume a xente non marcha cando remata a música senón que segue a festa ao seu xeito asando liscos nas fogueiras, charlando animosamente, bailando con sons imaxinarios e bebendo licores selectos ata ben chagada a madrugada. Neste caso punto é final foi posto canto xa preto do amencer o xerador decidiu que xa rematara a súa xornada laboral. E o Lugnasad 2009 rematou.

Ata o ano se Lug así o decide.

<object width="425" height="344"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/JzFPGhpM5Ic&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=en&feature=player_embedded&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowScriptAccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/JzFPGhpM5Ic&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=en&feature=player_embedded&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" allowScriptAccess="always" width="425" height="344"></embed></object>

Festa celta do Lugnasad 2009
Festa Celta de Bretoña 2009

Como é costume o primeiro venres de agosto celebrase en Bretoña a festa celta do Lugnasad. Este ano o venres cae en 7 de agosto.

Nesta edición o tema musical estará cuberto polos “Os Tres Trebóns”, o grupo “Gandalf” de Astorga e o grupo asturiano “Taranus” que seguro farán as delicias dos presentes.

Coma sempre entre música e conxuro da queimada haberá tempo tamén para o ritual das vodas celtas. As actividades comezarán pola tarde cunha serie de actos lúdicos para os máis cativos e o pistoletazo de saída pola noite será as dez e media da noite.

As pallozas estarán ben cheas de comida e de bebida para todos os que se acheguen a gozar da noite celta britoniense en honra ao deus Lugh.

Gandalf

<object width="425" height="344"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/l3MvWi75qJs&hl=es&fs=1&"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/l3MvWi75qJs&hl=es&fs=1&" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="344"></embed></object>

Os Tres Trebóns

<object width="480" height="295"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/wRxbFnefaCY&hl=es&fs=1&"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/wRxbFnefaCY&hl=es&fs=1&" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="480" height="295"></embed></object>

Taranus

<object width="425" height="344"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/tzxzADBoJ0I&hl=es&fs=1&"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/tzxzADBoJ0I&hl=es&fs=1&" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="425" height="344"></embed></object>

O venres 7 de agosto en Bretoña!