Festa celta do Lugnasad 2010 en Bretoña

Un ano máis por estas data estase a cociñar unha nova edición da Festa Celta do Lugnasad -e van catorce se a memoria no me falla-. Apurados coma sempre pero tirando para diante.

A falta de innúmeros temas por pechar o que si xa se pode adiantar é o cartel musical deste ano que promete festa a esgalla e bo ritmo.

Saltonocribo

Os Cempés

Pan de Capazo

Cuchufellos

A parte das actuacións musicais haberá coma tódolos anos as clásicas vodas celtas oficiadas por un misterioso druída e a medianoite quentaranse as gorxas de tódolos presentes con boa queimada da terra unha ver realizado o conxuro.

A xente interesada en casar polo rito celta aínda pode pasar pola web da asociación cultural auruxeira a contactar para apuntarse.