En Bretoña » chapuzas

Xunta 2.0
Días atrás comentei de pasada unha das cagadas que había que sufrir se un tiña a mala sorte de querer apuntarse para os procesos selectivos da OEP máis grande da historia según a propaganda oficial e un dos enganos máis grandes da historia según outras fontes.

Independientemente da conveniencia ou non de usar como medio exclusivo internet para apuntarse internet. Onde eu vivo ainda, por desgraza, moita xente que ten case imposible acceder a internet por culpa dos famosos TRAC´s rurais que seguen operativos, por non esquecer o carisimo que é o acceso a internet de banda semilarga para a maioría dos galegos (40 euros/mes + liña). O caso é que se se fai deberíamos asegurarnos polo menos de que funciona e que é accesible para todos os internautas e non só para os que mercaron un determinado producto informatico, xa que un escomeza a pensar que a Xunta traballa de comercial para M$.

Durante os últimos anos tivemos que aturar que a administración galega nos vendera a moto do seu apoio ao software libre e outras milongas pero a hora da realidade nada de nada. Os exames nos que hai que usar ordenadores seguen a ser baixo a platforma windows rezando para que non se che colgue mentres estás facendo o exame e con suites ofimáticas da empresa do tío Steve Ballmer. Os ordenadores de todos e cada un dos traballadores da Xunta seguen a lucir o logo de windows cada vez que son iniciados. Iso é o que se chama predicar co exemplo. Por suposto o seu falso apoio servelles para ir de guais.

Volvendo ao tema. Quen pretende apuntarse aos procesos selectivos a través desa aplicación que existe na web da Xunta xa de primeiras atopase cunha advertencia en letras azules de que se usa Firefox ou Opera que consulte a documentación sobre problemas frecuentes que non aparece por ningún lado. Tal vez a axuda? Baixaste un pdf de 7 follas no que non se di absolutamente nada sobre navegadores. A primeira na fronte.

Tentei cubrir o formulario usando firefox. Unha vez rematado daslle a verificar e con desesperación comprobas que non fai nada de nada.

Repetín o mesmo proceso co Safari e gracias a virxe dos imposibles, o éxito foi case total  .

Agora, cando pretendes pagar a taxas online é cando te chulean:

Pago telemático (só con Internet Explorer)

Para mexar e non votar gota!

Os que teñamos unha máquina correndo en Mac OS X, Linux, FreeBSD, Solaris, … que nos dean. Canto cobran de M$ por crear unha aplicación que só funcióna con Explorer? Unha aplicación que dito sea de paso permite a unha persoa ver os datos persoais (telf, dirección, email, …) doutras persoas apuntadas. A lei de protección de datos?

En fin, hoxe tentareino nun portátil con Windows Vista e Explorer 7 prestado para tan insigne traballo porque o máis cachondo e que nin tan sequera funciona correctamente usando Explorer 6 (vía Boot Camp). Vamos que é unha aplicación con compatibilidade total con todos os navegadores.

O fondo do asunto é que estamos ante un actuación claramente discriminatoria por parte dunha administración pública que se presupón que ten os recursos suficientes coma para crear algo que funcione mínimamente ben na maioría dos navegadores actuales ou polo menos nun navegador que sexa multiplataforma, gratuito e non ligado a un sistema operativo en concreto.

Qué será o próximo?

Pago telemático (só co carné do Racing Cantalapiedra)

Pago telemático (só ca partida bautismal)

Pago telemático (só para os que merquen productos M$) Upss, isto xa pasou

Pago telemático (só para brancos)

Actualización: Hoxe, día 23, aparece por fin ese manual de problemas frecuentes. Que celeridade!

Actualización 7/10/2008: Nova do diario adn sobre as chapuzas tecnolóxicas da Xunta portada de Meneame