O ícono que se perdeu xogando ao escondite
Unha cousa ben rara, ou non tanto despois de fozar un pouco pola rede… Dun día para outro o ícono do disco duro que aparece no escritorio vai a tomar por saco amén de desaparecer tamén no apartado de dispositivos do finder. Escrutando a rede na língua de Cervantes non hai solucións, ou ben, están demasiado agochadas para o tito Google ou para a miña pericia co devandito buscador. Tentando a sorte no idioma universal, despois de unhas cantas pesquisas máis ou menos infructuosas, un par de mecachis, dous case,… por fin un bingo! sudo chflags nohidden / Unha vez que se atopa que fácil parece, pero antes… O artigo completo coa explicación para que apareza de novo o ícono do disco duro no escritorio do noso mac en...
Ler máis







