Pasplj e compañía

Pasplj e compañía

As vellas historias do baloncesto romántico. Lembro dentro da miña infancia e preadolescencia eses duelos deportivos, convertidos co paso do tempo e da crenza, case sempre certa, de que calquera tempo pasado foi mellor, uns tipos moi altos cunha pelota gorda. Lembro o mundial de España 82, a Perico demarrando, a quinta do voitre,… pero sobre todo lembro baloncesto. A voz de Ramón Trecet achegando a NBA nun programa absolutamente diferente a todo o visto por aquel entón. Os partidos da NBA nos primeiros anos da galega os sábados pola maña. A liga ACB, a copa de Europa de clubes… Épicas batallas, máis alá do deportivo, entre as seccións de baloncesto do Real Madrid e o FC Barcelona; Aito vs Lolo, Norris vs Martín. Dous estilos antagónicos....

Ler máis

Menudo tapón te he puesto, nenaza

Comenzou un novo e interesante curso baloncestístico que promete dar emocións fortes e xogo de calidade. Na NBA parece que as cousas a groso modo seguén igual salvo polos Mavs que se confirman como unha franquicia en caída libre liderados por unha superestrela rodeado de xogadores en franca decadencia nuns casos e moi mediocres noutros. Tal vez sexa este o ano dos Lakers… Tamén está por ver o papel de xogadores como Rudy e sobre todo Calderón nun ano que tal vez pode ter papeletas para andar cerca do All Star se mantén o nivel que está a dar nestas primeiras xornadas. Como ven sendo habitual a diversión e os grandes equipos están na conferencia oeste. A ACB máis interesante dos últimos anos conta cun plantel de estrelas sobresaíndo entre todas...

Ler máis