Crónica do Lugnasad 2009 de Bretoña
Xa rematou o Lugnasad. Carballeira, ritos, vodas celtas, vento,… moito vento, frío,… moito frío e Maeloc. Volta a tranquilidade ao Coto da Auruxeira. Despois da festa, da xente, da música,… chega o silencio, a calma. As árbores fanse donas por outro ano máis do noso pequeno coto. As pallozas fican baldeiras. O estrés da preparación, o traballo duro dos días previos, a intensidade da noite celta, os bos momentos de compañeirismo, as expedicións a terras alleas despois das xornadas de traballo quedan atrás: rematou o Lugnasad. Onte (sabado todo estaba calmo, entre a choiva unhas figuras paseniñamente se afanaban en recoller dilixentemente os candís, os fachos, os estandartes e todo o que lle da ese carácter especial a festa celta...
Ler máisFesta celta do Lugnasad 2009
Como é costume o primeiro venres de agosto celebrase en Bretoña a festa celta do Lugnasad. Este ano o venres cae en 7 de agosto. Nesta edición o tema musical estará cuberto polos “Os Tres Trebóns”, o grupo “Gandalf” de Astorga e o grupo asturiano “Taranus” que seguro farán as delicias dos presentes. Coma sempre entre música e conxuro da queimada haberá tempo tamén para o ritual das vodas celtas. As actividades comezarán pola tarde cunha serie de actos lúdicos para os máis cativos e o pistoletazo de saída pola noite será as dez e media da noite. As pallozas estarán ben cheas de comida e de bebida para todos os que se acheguen a gozar da noite celta britoniense en honra ao deus Lugh. Gandalf Os Tres Trebóns Taranus O venres 7 de agosto...
Ler máis







