En Bretoña » galinux

Galinux; Ubuntu en galego
Mentres agardo a que baixen os paquetes necesarios para rematar de instalar un servidor correndo en Debian venme a mente un deses anuncios que vexo na Galega a hora de xantar onde sae dun ovo algo que parece unha mezcolanza entre o monstro das galletas e un pingüin.

A Xunta parece que se anima a apoiar o software libre cunha aposta chamada Galinux: Unha Ubuntu 8.04 en galego. Esta ben. Moitos vamos a ser tremendamente felices vendo como os equipos de todos os traballadores de administración pública galega corren con software libre…e menudo aforro en licencias nestes tempos de crise… supoño que predicarán co exemplo como está a facer a administración da Junta de Extremadura…

Unha distro máis no mercado; por se había poucas. Persoalmentemente anque este esforzo deixa entrever un certo interese da Xunta co tema do software libre preferiría que eses esforzos se canalizaran a colaborar con algún proxecto xa existente. Creo que non son o único que pensa en termos similares pero esta opción ten as pegas que xa sabemos para un ente que posiblemente tamén pretende sacar un beneficio en forma de campaña de imaxe.

Non deixa de ser digno de loubar o esforzo e é de agardar que sexa continuo no tempo para crear un proxecto que sexa apetecible para a xente da rúa que fuxe como alma que leva o demo dese enxendro chamado Vista.