Puñetero Explorer 6

Poste a facer unha web por altruismo, por gusto, por pasta ou traballos para a comunidade. Imaxes, xhtml, css, javascript e algo de php se é preciso. Queda máis ou menos decente. Validas o xhtml. Validas o css, Empezas a comprobar como luce en cada navegador: Opera —> OK Safari —> OK Firefox —> OK Explorer 6 —> …cagonto… un batiburrillo de moito carallo. Empezas a buscar hacks; que se os png transparentes, que se explorer non soporta tal ou cual atributo css, que se… Empezas coas reformas, chapuza por aquí, chapuza por acolá. Ao final, máis ou menos funciona ben en Explorer 6. O precio: máis código, arquivos máis grandes e tempo perdido. Como exemplo, a última web na que traballei no @pl levou máis...

Ler máis

Steve Wozniak e como IE cambiou o destino de Apple

Un dos libros que ando a ler cando teño algún minuto libre é a biografía de Steve Wozniak «Iwoz». Realmente divertida e amena. No último capítulo do libro, «Rules to live By», a parte de dar uns consellos en plan autoaxuda moi interesantes hai unha historia que por ser descoñecida para min me resultou extraordinariamente cautivadora. Supoño que os maqueiros de vello a coñecerán. A historia é de como o navegador IExplorer cambiou para sempre o destino de Apple e non precisamente polas súas boas prestacións. Calquer usuario de Windows que usara como navegador este enxendro sabe que non é precisamente unha goleta ou un bergantín surcando a rede, máis ben aseméllase a unha chalupa a deriva. Non fai falta lembar os vellos tempos dos dialers e...

Ler máis