
Heinz Guderian (centro) durante a ceremonia de entrega da cidade polaca de Brest-Litowsk aos rusos (22-9-1939)
Trala reunión de Casablanca en 1943 entre Roosevelt e Churchill na que se deixou claro que a única saÃda para Alemaña era unha capitulación sen condicións, en moitos sectores da sociedade alemá incluso nos manifestamente antinazis quedou bastante claro que os aliados non estaban a combater só contra o nazismo senón tamén para eliminar para sempre uns molestos e tenaces competidores económicos e sobre todo tecnolóxicos.
Xa antes de rematada a guerra, o 14 de decembro de 1944, Churchill prometera aos polacos a Prusia Oriental salvo a fermosa Knönisberg -patria chica de Kant-, que serÃa para os rusos, e a liberdade de estenderse cara o oeste sobre as terras xermanas. Churchill declara publicamente:
“Terá lugar a expulsión total dos alemáns das comarcas do norte e do oeste que debe recibir Polonia. Desexase que os pobos non se misturen”
En anos posteriores Churchill arrepentiuse de ter obrado desta maneira.
Neste contexto aparece en escena Paco. O 21 de xaneiro de 1943, en plena guerra pero xa coa derrota alemá moi presente, o xeneral Franco manda una carta ao embaixador británico en Madrid; Samuel Hoare:
“Se o curso da guerra non cambia decididamente, os exércitos rusos penetrarán profundamente en Alemaña. Non serÃa en extremo perigoso para Europa e Inglaterra que se produciran estes acontecementos? Unha Alemaña comunista entregarÃa a Rusia os seus secretos militares e a súa industria de guerra. Os técnicos e especialistas alemáns serÃan trasladados a Rusia para construÃr un imperio xigantesco dende o Atlántico ao Océano PacÃfico.
Eu me pregunto. Hai no centro de Europa, no desorden de razas e nacións desunidas, empobrecidas e desangradas pola guerra, un poder que poida por freo as aspiracións de Stalin? Non, non hai ningún. Podemos estar seguros de que todos estes paÃses, máis pronto ou máis tarde, caeran baixo o dominio do comunismo. En consecuencia, consideramos a situación como extraordinariamente seria e solicitamos a atención do pobo inglés para que considere coidadosamente a situación. Se Rusia fora autorizada para ocupar Alemaña, ninguén estará en condicións para por freo a unha máis ampla penetración dos Soviets.
Se Alemaña non conseguira sosterse, terÃamos que creala. Move a risa crer que o seu posto pode ser ocupado por unha federación de letóns, polacos, checos e rumanos. Semellante liga de estados caerÃa rapidamente baixo a potencia rusa.”
Sobre a resposta de Sir Samuel Hoare a Franco extraio un par de liñas:
“Rusia non ocupará, na loita trala vitoria, ningunha posición directora”
“Atrévome a profetizar que os ingleses serán a máxima potencia militar no continente. A influencia británica será entón tan forte como nos dÃas da caÃda de Napoleón. Apoiados na nosa forza militar, deixará as súas pegadas o noso influxo na totalidade de Europa,…”
Fontes:
Lembrazas dun soldado (Heinz Guderian), pax 315-319
Cartas de Europa (Barón von Stauffenberg) 1950
Foto:
http://es.wikipedia.org/wiki/Archivo:Armia_Czerwona,Wehrmacht_23.09.1939_wsp%C3%B3lna_parada.jpg Dispoñible tamén no libro “Lembranzas dun soldado” Editorial Altaya.














Últimos Comentarios