L.A «Gasol» confidencial

O venres aguantei diante do televisor hasta pasadas as catro da maña para ver o partido dos Lakers contra Orlando. Curiosidade e moitas ganas de ver como se desenvolve Gasol no seu novo equipo. Máis alá do obvio -30 puntos e 9 rebotes- está claro que polo de agora Gasol parece atoparse cómodo no seu novo equipo. A prensa deportiva e non deportiva apunta a que os Lakers con Gasol e Bryant son un claro aspirante ao título; eu non o vexo así. Tradicionalmente, polo menos nos últimos anos, a conferencia Oeste é moito máis forte. Os cocos da liga están case todos alí (San Antonio, Dallas, Phoenix). Pola contra na conferencia Este non soe haber máis ca un ou dous equipos que medianamente aspiren ao anel. Este ano Boston (por fin) parece un claro...

Ler máis