En Bretoña » Lakers

L.A «Gasol» confidencial
O venres aguantei diante do televisor hasta pasadas as catro da maña para ver o partido dos Lakers contra Orlando. Curiosidade e moitas ganas de ver como se desenvolve Gasol no seu novo equipo.

Máis alá do obvio -30 puntos e 9 rebotes- está claro que polo de agora Gasol parece atoparse cómodo no seu novo equipo.

A prensa deportiva e non deportiva apunta a que os Lakers con Gasol e Bryant son un claro aspirante ao título; eu non o vexo así.

Tradicionalmente, polo menos nos últimos anos, a conferencia Oeste é moito máis forte. Os cocos da liga están case todos alí (San Antonio, Dallas, Phoenix). Pola contra na conferencia Este non soe haber máis ca un ou dous equipos que medianamente aspiren ao anel. Este ano Boston (por fin) parece un claro favorito.

Actualmente os Lakers están nun posto discreto na súa conferencia. Liderada ésta por Phoenix con Nash e a nova fichaxe estrela (Shaq) como principais refentes do equipo xunto con Stuodemire e secundados por moi bos xogadores como pode ser Leandro Barbosa. Realmente os Suns parecen xa non só os favoritos da conferencia -co permiso de San Antonio- senón os únicos de plantar cara a Boston. Dallas necesita urxentemente un base pasador e un pivot que lle vote unha man Nowitzki baixo os taboleiros se pretende aspirar a algo máis ca o acontecido na tempada pasada.

Volvendo aos Lakers; o estilo de xogo da franquicia anxelina é moi simple: pasarlla a Kobe. É triste ver como xogadores de gran talento como Odom son meros secundarios no equipo facendo aportacións moi inferiores as que o seu talento lles permite. Haberá que ver como se desenvolve Gasol nos seguintes encontros, sobre todo cando se recupere Andrew Bynum pero o certo é que se contra Orlando meteu 30 puntos foi grazas a uns porcentaxe de tiro espectaculares que non se dan con frecuencia. Bryant meteu os seu 36 tantos a base de lanzar todo o que lle chegou cunhas porcentaxes tiranto a malillas.

A tendencia máis probable é que Bryant siga lanzando todo o que lle chegue e Gasol teña unhas porcentaxes de tiro máis discretas. Con todo, creo que poderá manter fácilmente unha media de entre uns 15 a 17 puntos por partido.

Tendo moita sorte nos cruces o máximo ao que podería aspirar este equipo creo que é a unha final de conferencia contra San Antonio ou Phoenix.