Instalar Kazam Screencaster en Debian Wheezy
A aplicación Kazam ScreenCaster é unha ferramenta que permite gravar o noso escritorio para facer videotutoriais ou o que se nos entoxe. En Gnome, unha forma de gravar o escritorio e mediante a combinación de teclas Ctrl+Shift+Alt+R. Un pouco lío. Outra forma de gravar o escritorio é usando ffmpeg. Mola para os que nos gusta fedellar co Terminal pero é un pouco incomodo para o resto do mundo. Buscando podemos atopar algunha alternativa máis. Kazam Screencaster é un frontend de ffmpeg que permite gravar con extrema facilidade screencast con audio incluido ocultando ao usuario a complexidade de ffmpeg. Ideal para facer os nosos propios videotutoriais. Kazam está pensado para ser instalado en Ubuntu a través de PPA. Vexamos como podemos instalalo en Debian...
Ler máisExperiencia como profesor
Estiben todo este vran como docente dun plan FIP denominado «Programador de aplicacións informáticas». Foron uns meses intensos e bastante estresantes xa que foi un xoves cando se me dixo que empezaba o luns. Sen temario, sen nada preparado, sen tempo, despois dun ano con moito estres,… Nun principio non podo negar que me pareceu unha putada gorda. Pero faise e punto. Non son unha persoa que desfrute diante dunha audiencia, por comprensiva que esta poida ser, como para desfrutar diante dunha audiencia que en moitos casos está obrigada a acudir a este tipo de cursos para non perder as prestacións. O bo de non ter nada preparado e ter que facelo dun día para outro baixo presión é que comprobas como estás de saúde. Mentres os colegas desfrutan do...
Ler máisBackups fáciles con Déjà Dup
Unha das cousas que máis me sorprende no trato con algúns clientes é a falta de preocupación polos datos que gardan nos seus equipos informáticos…ata que os perden. Neste aspecto eu son tan paranoico que os datos máis importantes tamén -algúns- os gardo en analóxico. Tampouco é que librara de golpes. Non fai tanto perdín unha parte importante de información despois dun problema que raia o estatisticamente imposíbel. É evidente que foi culpa miña. Por sorte, grazas a certas utilidades de recuperación de datos o desastre foi menos. No tema das copias de seguridade podería escribir unha novela dado a cantidade de sistemas que levo implementado en todo tipo de máquinas e sistemas -servidor, estacións de traballo, Windows, Linux,...
Ler máisInstalación de Fedora 14 en Virtualbox
Fai tan só unhas horas que está dispoñible a nova versión de Fedora: Fedora 14. Despois do estupendo cambio de imaxe da web do proxecto Fedora, invitaba a probar esta nova versión da popular distribución auspiciada por Red Hat. Persoalmente simpatizo máis cos rapaces de Red Hat que cos de Canonical por preferencias persoais -non son anti rpm- e pola forma de involucrarse cada un dos colectivos no apoio ao software libre. Iso non impide que por temas laborais sexa un usuario de Ubuntu case a tempo completo salvo pequenas citas con Arch Linux. Esta nova versión ten moi boa pinta e xa haberá tempo de destripala a fondo. De momento deixo un álbum coas capturas de todo o proceso de instalación. O punto negativo é que o galego non está presente como opción...
Ler máisUbuntu 10.10 – Evolution non manda os links ao Firefox
Trasteando un pouco coa Ubuntu 10.10 -moi bonita pero con algún error de vulto se nos fixamos un pouco- vexo que un dos problemas que da ocorre a hora de premer nalgunha ligazón recibida por email. Concretamente aparecemos esta ventá: Despois de maldecir a Mark Shuttleworth un par de veces, a imaxe de error danos toda a información que necesitamos, procedemos a facer un apaño. vamos a «Sistema –> Preferencias –> Aplicativos preferidos». Aquí procedemos a substituír: /usr/lib/firefox-3.6/firefox "%s" por /usr/bin/firefox "%s" Outra opción máis simple é seleccionar «Firefox» no desplegable.
Ler máis







