III edición festa da bola de liscos e das freces
O pasado 7 de marzo como xa é costume dende fai 3 anos celebrouse unha nova edición da “Festa de Bola de Liscos e das Freces” organizada pola asociación “Amigos da Feira de Bretoña”. Esta festa, cada ano, vaise consolidando e os seus organizadores incorporan pouco a pouco novidades para dar un toque innovador a cada edición. Este ano engadiron ao xa tradicional das anteriores edicións unha mostra de fotos antigas relacionadas coas xentes e a xeografía britoniense e complementouse a exposición de coches e motos antigas con tractores que nalgúns casos eran autenticas reliquias. O punto negativo desta edición foi provocado polas adversas condicións meteorolóxicas que tal vez que se retraera algo o número de visitantes. Parece que Maeloc xa...
Ler máis







