Cartel da XIV Festa Celta do Lugnasad

Cartel da XIV edición da Festa Celta do Lugnasad
Ben, este é o cartel deste ano da festa celta de Bretoña. Temos que dar as gracias de corazón a David de Gráficas Ribadeo por facérnolo e a Suso da Serigrafía Eo por encargarse de todo, aguantarme e darnos as máximas facilidades.

Agardo que vos guste e que veñades a posiblemente derradeira edición da Festa Celta de Bretoña.

Festa celta do Lugnasad 2010 en Bretoña

Un ano máis por estas data estase a cociñar unha nova edición da Festa Celta do Lugnasad -e van catorce se a memoria no me falla-. Apurados coma sempre pero tirando para diante.

A falta de innúmeros temas por pechar o que si xa se pode adiantar é o cartel musical deste ano que promete festa a esgalla e bo ritmo.

Saltonocribo

Os Cempés

Pan de Capazo

Cuchufellos

A parte das actuacións musicais haberá coma tódolos anos as clásicas vodas celtas oficiadas por un misterioso druída e a medianoite quentaranse as gorxas de tódolos presentes con boa queimada da terra unha ver realizado o conxuro.

A xente interesada en casar polo rito celta aínda pode pasar pola web da asociación cultural auruxeira a contactar para apuntarse.