Unha volta a Bretoña en bicicleta
Unha das cousas que pensaba cando empecei a andar en bicicleta de forma máis seria era que pola zona de Bretoña non había recorrido que fora vistoso. Tamén pensaba que pouco era o que había que percorrer. Unha parroquia pequecha entre a Terra Cha e A Mariña. Un ten dereito a equivocarse. Cun pouco de pedal podemos descubrir ou redescubrir sendeiros esgochados, pistas forestais ocultas e vistas dignas de contemplar. Esta ruta sae, como non, do centro de Bretoña (Barrio da Igrexa) collendo dirección a Mourelle meténdose por camiños que levan as leiras das granxas do Castrillón. Unha vez chegados a Mourelle damos volta ata entrar pola agreste pista que nos levará á linde entre Bretoña e Riotorto xusto detrás de Luxilde. Iniciamos un serpernteo...
Ler máisRuta BTT: Ascensión ao monte Carracedo
Subir ao monte Carracedo dende a cara que mira a Bretoña non presenta moitas dificultades. Tratase dun percorrido curto que unha vez culminada a ascensión nos premia cunhas vistas espectaculares. Saímos dende o barrio da Igrexa e tiramos cara a ruta do coto da Auruxeira meténdonos pola carrilleira que está antes da Gancobre facendo a travesía ata a corredoira que nos leva ao Coto da Auruxeira. Pasado o coto seguimos paralelos a estrada pola pista que hai ao carón dela collendo cara a Fontao para despois comezar a ascensión ao monte de Fontao. Unha ascensión curta pero esixente. Culminado o monte viramos a dereita en dirección a Francos onde pistearemos por zonas onde se alternan pequenas subidas e baixadas ata que encaramos dirección Campodoso....
Ler máisRuta do Azúmara en MTB
No concello de Castro de Rei existe unha fermosa ruta que une o castro de Viladonga coa vila de Castro de Rei: A Ruta do Azúmara. Ideal para facer a pé, perfectamente sinalizada e con escasa dificultade. Tamén é perfecta para facer en bicicleta de montaña. No meu caso fixe-na en dúas ocasións, a primeira saíndo dende Bretoña na bici ata Castro de Rei para face-la en sentido contrario rematando no castro de Vilandoga e a segunda ao revés chegando a Castro un día de feira e retornado por estrada ao punto incial. Fotos da ruta do Azúmara: [Show as slideshow] [View with PicLens]
Ler máisVía verde A Pontenova – San Tirso de Abrés
Este domingo aproveitando que había un encontro de ferreiros en A Pontenova e o tempo era favorable collemos as bicis e tiramos para alá coa intención de facer a vía verde de vai dende A Pontenova ata a localidade asturiana de San Tirso de Abrés. As vías verdes son antigas liñas ferroviarias en desuso que son reconvertidas en rutas de sendeirismo ou cicloturistas. Tras chegar A Pontenova e despois de encargar uns bocatas XXL para o camiño iniciamos a ruta. Nun principio non é que estea moi ben sinalizada e tivemos que preguntar a xente do lugar. A ruta en si non ten ningunha dificultade, non hai costas e é fácilmente cicleable. Na parte galega pedromina o asfalto, o divertido está na parte asturiana da vía; pista de terra con alguns baches e zonas...
Ler máisUn par de videos de MTB
Anque me encanta o MTB e facer o bestia en bici, creo que hai que respetar ao máximo o entorno, pero, recoñezo que o segundo video é...
Ler máis







