Melo vs Dirk
Embedded video from NBA Video Disfrutar do mellor xogador europeo de todolos tempos (co permiso de Sabonis) é un prazer que parece estar a punto de rematar por esta tempada visto a situación da serie entre Mavs e Nuggets.
Ler máisMenudo tapón te he puesto, nenaza
Comenzou un novo e interesante curso baloncestístico que promete dar emocións fortes e xogo de calidade. Na NBA parece que as cousas a groso modo seguén igual salvo polos Mavs que se confirman como unha franquicia en caída libre liderados por unha superestrela rodeado de xogadores en franca decadencia nuns casos e moi mediocres noutros. Tal vez sexa este o ano dos Lakers… Tamén está por ver o papel de xogadores como Rudy e sobre todo Calderón nun ano que tal vez pode ter papeletas para andar cerca do All Star se mantén o nivel que está a dar nestas primeiras xornadas. Como ven sendo habitual a diversión e os grandes equipos están na conferencia oeste. A ACB máis interesante dos últimos anos conta cun plantel de estrelas sobresaíndo entre todas...
Ler máisL.A «Gasol» confidencial
O venres aguantei diante do televisor hasta pasadas as catro da maña para ver o partido dos Lakers contra Orlando. Curiosidade e moitas ganas de ver como se desenvolve Gasol no seu novo equipo. Máis alá do obvio -30 puntos e 9 rebotes- está claro que polo de agora Gasol parece atoparse cómodo no seu novo equipo. A prensa deportiva e non deportiva apunta a que os Lakers con Gasol e Bryant son un claro aspirante ao título; eu non o vexo así. Tradicionalmente, polo menos nos últimos anos, a conferencia Oeste é moito máis forte. Os cocos da liga están case todos alí (San Antonio, Dallas, Phoenix). Pola contra na conferencia Este non soe haber máis ca un ou dous equipos que medianamente aspiren ao anel. Este ano Boston (por fin) parece un claro...
Ler máis







