Pasplj e compañía

Pasplj e compañía

As vellas historias do baloncesto romántico. Lembro dentro da miña infancia e preadolescencia eses duelos deportivos, convertidos co paso do tempo e da crenza, case sempre certa, de que calquera tempo pasado foi mellor, uns tipos moi altos cunha pelota gorda. Lembro o mundial de España 82, a Perico demarrando, a quinta do voitre,… pero sobre todo lembro baloncesto. A voz de Ramón Trecet achegando a NBA nun programa absolutamente diferente a todo o visto por aquel entón. Os partidos da NBA nos primeiros anos da galega os sábados pola maña. A liga ACB, a copa de Europa de clubes… Épicas batallas, máis alá do deportivo, entre as seccións de baloncesto do Real Madrid e o FC Barcelona; Aito vs Lolo, Norris vs Martín. Dous estilos antagónicos....

Ler máis

Arvydas Sabonis

Unha das grandes oportunidades que nos brindou ter en Lugo un equipo ACB foi a posibilidade de ver en directo ao mellor pivot branco da historia. Probablemente o mellor pivot a secas de non ser por esa maldita lesión no tendón de aquiles. Ese duelo con Petrovic nos 80, esa Euroliga do 95 co Madrid fronte ao Olimpiakos, unha magnifica traxectoria na NBA en Porland e sempre con Lituania e antes coa URSS… sen esquecer o equipo dos seus amores: o...

Ler máis