Vía verde A Pontenova – San Tirso de Abrés

Vía verde A Pontenova – San Tirso de Abrés

Este domingo aproveitando que había un encontro de ferreiros en A Pontenova e o tempo era favorable collemos as bicis e tiramos para alá coa intención de facer a vía verde de vai dende A Pontenova ata a localidade asturiana de San Tirso de Abrés. As vías verdes son antigas liñas ferroviarias en desuso que son reconvertidas en rutas de sendeirismo ou cicloturistas. Tras chegar A Pontenova e despois de encargar uns bocatas XXL para o camiño iniciamos a ruta. Nun principio non é que estea moi ben sinalizada e tivemos que preguntar a xente do lugar. A ruta en si non ten ningunha dificultade, non hai costas e é fácilmente cicleable. Na parte galega pedromina o asfalto, o divertido está na parte asturiana da vía; pista de terra con alguns baches e zonas...

Ler máis