A nova moda: Segunda Guerra Mundial
Fixose eco a Cadena Ser, revistas, e supoño que outros medios. Chega a moda da Segunda Guerra Mundial… As librarías están cheas de novelas, ensaios, biografías, documentais, DVD’s, coleccións por fascículos… Antes foi a moda pola Idade Media e a relixión: templarios, cátaros, inquisición, Dan Brown, misterios relixiosos e toda esa parafernalia. Non sei moi ben a que se debe esta nova moda sobre a segunda guerra mundial. Supoño que alguén empezou a ver o filón comercial que supón a historia unha vez que que se lle quita todo o berniz académico e a natural tendencia da xente por todo o violento e oculto. As figuras e eventos máis importantes da segunda guerra mundial creo que xa foron tratados ata a saciedade ,co que, salvo que se...
Ler máis







