En Bretoña » segunda guerra mundial

A nova moda: Segunda Guerra Mundial
Fixose eco a Cadena Ser, revistas, e supoño que outros medios. Chega a moda da Segunda Guerra Mundial… As librarías están cheas de novelas, ensaios, biografías, documentais, DVD’s, coleccións por fascículos…

Antes foi a moda pola Idade Media e a relixión: templarios, cátaros, inquisición, Dan Brown, misterios relixiosos e toda esa parafernalia.

Non sei moi ben a que se debe esta nova moda sobre a segunda guerra mundial. Supoño que alguén empezou a ver o filón comercial que supón a historia unha vez que que se lle quita todo o berniz académico e a natural tendencia da xente por todo o violento e oculto.

As figuras e eventos máis importantes da segunda guerra mundial creo que xa foron tratados ata a saciedade ,co que, salvo que se traten baixo un formato moi distinto ou revolucionario, Rommel, Hitler, Stalingrado, Normandía, Stalin, Von Paulus, as SS, a guerra no pacífico, a guerra submarina, …non dan máis de si.

Tamén creo que hai filóns que están aínda sen ser moi explotados ou que si admiten novas versións ou revisións a luz da documentación que se foi desclasificando e da que apareceu co desmenbramento da Unión Soviética. Os novos datos sobre a batalla de blindados máis grande da historia (Kursk), a historia dos pilotos alemáns máis destacados como Hans Rudel, a fundamental participación dos servicios secretos británicos para a derrota de Alemaña, as verdadeiras razóns que fixeron a Rudolf Hess voar a Gran Bretaña, a misteriosa morte de Hess, o razón pola que as bombas atómicas de Hiroshima e Nagasaki eran tan diferentes, que aconteceu coa tripulación do submarino U-234, os botíns de guerra tanto dos nazis como dos aliados, a ocupación xaponesa de Singapur, os «corsarios» alemáns no pacífico e no índico,…