Instalación de Fedora 14 en Virtualbox
Fai tan só unhas horas que está dispoñible a nova versión de Fedora: Fedora 14. Despois do estupendo cambio de imaxe da web do proxecto Fedora, invitaba a probar esta nova versión da popular distribución auspiciada por Red Hat. Persoalmente simpatizo máis cos rapaces de Red Hat que cos de Canonical por preferencias persoais -non son anti rpm- e pola forma de involucrarse cada un dos colectivos no apoio ao software libre. Iso non impide que por temas laborais sexa un usuario de Ubuntu case a tempo completo salvo pequenas citas con Arch Linux. Esta nova versión ten moi boa pinta e xa haberá tempo de destripala a fondo. De momento deixo un álbum coas capturas de todo o proceso de instalación. O punto negativo é que o galego non está presente como opción...
Ler máisUbuntu 10.10 – Evolution non manda os links ao Firefox
Trasteando un pouco coa Ubuntu 10.10 -moi bonita pero con algún error de vulto se nos fixamos un pouco- vexo que un dos problemas que da ocorre a hora de premer nalgunha ligazón recibida por email. Concretamente aparecemos esta ventá: Despois de maldecir a Mark Shuttleworth un par de veces, a imaxe de error danos toda a información que necesitamos, procedemos a facer un apaño. vamos a «Sistema –> Preferencias –> Aplicativos preferidos». Aquí procedemos a substituír: /usr/lib/firefox-3.6/firefox "%s" por /usr/bin/firefox "%s" Outra opción máis simple é seleccionar «Firefox» no desplegable.
Ler máisProxecto Abalar con linux
Onte tivo lugar a presentación en sociedade dos ordenadores do proxecto Abalar en Ourense. Os destinados aos cativos son uns Inves nobi 10. O cacharro en cuestión -teño dous na miña mesa- ten moi boa pinta. Resistente, pantalla rotatoria, webcam, cómodo, disco duro xeneroso. O que máis me gusta é que leva instalado un sistema operativo libre e múltiples ferramentas -educativas sobre todo- tamén libres. Ubuntu 10.04 Netbook que aproveita todas as capacidades do dispositivo incluídas a pantalla táctil. Modificada para adaptala a o contexto no que se vai usar e pensando no perfil dos usuarios finais. Non é que eu lea moito a prensa nin vexa a TV pero o que si me fixei e que ningún sitio -que teña constancia- se fixera eco deste aspecto. Ninguén...
Ler máiseMachines EL1200 como servidor caseiro
Un tempo atrás o meu servidor caseiro puxo punto e final a súa vida útil. Un servidor armado a base de retais doutras máquinas máis antigas salvo a praca nai e o procesador que foran mercados para tal fin. Bueno, confeso que a caixa tamén fora mercada … un erro como comprovei máis adiante. Unha caixa de servidor de tamaño xigante está moi ben se non vamos ter que mover nunca o equipo de sitio pero, como Murphy é caprichoso, ben rápido descubrín o suplicio que é ter que andar arrastrando dun sitio para outro unha caixa que pesa preto de 20 kilos. Como o tema de estar sen un servidor onde centralizar certos temas me causaba certos inconvintes escomencei a baraxar certas alternativas para sustituir ao meu vello server. A primeira que pensei foi a...
Ler máis







