Sincronizando con Unison

Unison é unha ferramenta para a sincronización de arquivos moi potente. Instalamos unison e unison-gtk: sudo aptitude install unison unison-gtk Configuramos as carpetas a sincronizar mediante a interface gráfica de unison. Fácil e máis cómodo. Para que faga todo automático usamos o comando: unison -auto -batch nome // sendo "nome" o nome que demos a esa configuración cando a creanos Por comodidade, creamos un lanzador no escritorio de tipo aplicación en terminal e pegamos o comando anterior. Nota: Unison debe estar instalado nos dous equipos para que funcione.

Ler máis