Posteando en WordPress con vim

Chega un momento en todo friki que ten a necesidade de usar Vim para todo. Entre ese todo está escribir nun blog como unha parte primordial. E aquí estamos, poñendo unhas liñas no blog usando esa maravilla de editor que tanto queren uns e tanto detestan outros. Para poder usar vim como editor de blogs podemos descargarnos un plugin chamado vimblog ou un fork do anterior. A diferenza entre ámbolos estriba en que o fork permite engadir etiquetas. A instalación e configuración é moi simple e está ben detallada. O uso, máis simple aínda: Para recibir os últimos 10 post do noso blog: :Blog rp Para crear un novo post: :Blog np Para publicar o novo post: :Blog publish Para gardar o texto como un bosquexo: :Blog draft Para que nos mostre unha listaxe...

Ler máis