STOP: 0x0000007B

Tocoume mirar un ordenador portátil Toshiba Satellite con Ubuntu e Windows XP instalado. O caso é que cada vez que tentaba acceder ao Windows se me reiniciaba vendo durante unha fracción de segundo unha das vellas e afamadas pantallas azuis de Windows que, como é lóxico, non daba tempo a ler. Despois de arrincar o sistema cun cd de Windows XP comprobo tamén que durante o proceso de arranque salta a pantalla azul de marras pero neste caso podo ver con detalle a pantalla azul. O detalle importante aquí é a información técnica que nos ofrece: STOP: 0x0000007B .... O problema radica na ausencia de drivers SATA no disco de Windows. Vendo isto vamos a BIOS do equipo e en «Advanced» -> SATA Controller Mode cambiamos de AHCI a Compatibility. Gardamos os...

Ler máis

globalroot\systemroot\system32\H8SRTKKwdgduxjt.dll

globalroot\systemroot\system32\H8SRTKKwdgduxjt.dll

Onte tocoume votarlle unha ollada a un portátil que ao arrincar e executar calquer programa sacaba unhas fermosas ventás con unha bonita advertencia indicando que globalroot\systemroot\system32\H8SRTKKwdgduxjt.dll non era un arquivo válido de Windows. Unha jodienda fina! Afortunadamente hai una solución bastante sinxela para eliminar esta molestia que atopei despois de probar coas posibles solucións complicadas. Visitamos esta ligazón de kaspersky e descargamos TDSSKiller.zip. Unha vez descargado procedemos a extraer o exe e executalo. Teremos unha fermosa ventá de MS-DOS. Unha vez feito isto só nos queda reiniciar a maquina para completar o proceso. Unha vez reiniciada debemos comprobar os servizos porque no meu caso estaba deshabilitado o servizo...

Ler máis