Proxecto Abalar con linux
Onte tivo lugar a presentación en sociedade dos ordenadores do proxecto Abalar en Ourense. Os destinados aos cativos son uns Inves nobi 10. O cacharro en cuestión -teño dous na miña mesa- ten moi boa pinta. Resistente, pantalla rotatoria, webcam, cómodo, disco duro xeneroso. O que máis me gusta é que leva instalado un sistema operativo libre e múltiples ferramentas -educativas sobre todo- tamén libres. Ubuntu 10.04 Netbook que aproveita todas as capacidades do dispositivo incluídas a pantalla táctil. Modificada para adaptala a o contexto no que se vai usar e pensando no perfil dos usuarios finais. Non é que eu lea moito a prensa nin vexa a TV pero o que si me fixei e que ningún sitio -que teña constancia- se fixera eco deste aspecto. Ninguén...
Ler máisPersoal informático da Xunta
No último artigo publicado na web da CNT Galiza faise unha interesante análise de como está o tema do persoal informático da Xunta. A vista dos datos é difícil entender que a próxima convocatoria sexa unha consolidación. Ligazón ao artigo completo: Funcionarios informáticos
Ler máisXunta 2.0
Días atrás comentei de pasada unha das cagadas que había que sufrir se un tiña a mala sorte de querer apuntarse para os procesos selectivos da OEP máis grande da historia según a propaganda oficial e un dos enganos máis grandes da historia según outras fontes. Independientemente da conveniencia ou non de usar como medio exclusivo internet para apuntarse internet. Onde eu vivo ainda, por desgraza, moita xente que ten case imposible acceder a internet por culpa dos famosos TRAC´s rurais que seguen operativos, por non esquecer o carisimo que é o acceso a internet de banda semilarga para a maioría dos galegos (40 euros/mes + liña). O caso é que se se fai deberíamos asegurarnos polo menos de que funciona e que é accesible para todos os internautas e non...
Ler máisOfertas de emprego según a Xunta
A Xunta facendo un acertado analise da realidade laboral galega.
Ler máis







