…en cutrez e pésimo servizo. Un teléfono fixo que non funciona. Neste punto empeza a miña odisea para ser atendido polo servizo técnico desta pseudocompañía.

Como o fixo non funciona, chamo usando o meu teléfono móbil. Despois de seguir as intrucións da puta gravación en tres ocasións e terminar a chamada sempre cortandose preguntome que coño pasa e se terá algo que ver que estea a chamar dende un móbil de Vodafone.

Resignado busco un supletorio que tiña tirado por algún lado e enchufo o aparato a liña. Chamo, sigo de novo os pasos da gravación de marras e selecciono ser antendido en GALEGO (non en chino, finés, italiano ou outra língua). Pois ben, atendeme unha señorita en castelán cun acento caribeño tan forte e que fala tan rápido que apenas a dou entendido. Digolle que solicitei ser atendido en galego e respostame que só está dispoñible castelán, inglés e alemán. Manda carallo!. Para que coño poñen a opción de ser atendido en galego se despois te pasan cun operador que non o fala.

Por certo; a atención pésima. Pero iso non é culpa da persoa senón do cacho de carne que deslocaliza o servizo para poder explotar a pobres traballadores nalgún lugar perdido entre Hawai e Bombai sen nin tan sequera darlles a mínima formación.

Segunda parte

Despois de tentar infructuosamente que un técnico se pase pola miña casa para mirar que coño lle pasa ao teléfono cerran a incidencia sen dar explicación.

Días despois chamo de novo e si consigo que una amable señorita me atenda en galego. Fago a solicitude para cancelar o servizo de alquiler do teléfono xa que parece que non teñen tempo nin ganas de vir a reparalo. Según ela, nuns días mandaranme unas pegatinas por correo cunha dirección a que debo remitir o teléfono que quero devolver (un multiforma por moito que eles digan que é un domo). Un mes despois nin pegatinas nin pimentos de Padrón. O luns a consumo haber se consigo algo a través deles.

O certo é que das distintas mafias que controlan o mundo da delincuencia, Telefónica é a que peor me cae.